Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

A tarde do 12 de agosto de 2026 pasará á historia de Galicia como o día da eclipse total. Para quen puido vivilo en persoa, a experiencia foi máis alá dunha simple cita astronómica: un evento que creou comunidade, un espectáculo visual idescritible, unha experiencia única… E se ben é certo que a totalidade era o momento máis esperado, os momentos previos á completa desaparición do Sol tamén deixaron imaxes de fenómenos que se gañaron o asombro dos espectadores. Onte non só os ollos estiveron postos no ceo; as cámaras non faltaron para inmortalizar eses intres.

A eclipse comezou ás 19:31 horas, cando a Lúa lle deu a primeira dentada ao Sol. Case unha hora despois chegou o momento máis agardado da tarde: na franxa de parcialidade, o disco lunar acadou a súa maior cobertura do solar, mentres que na de totalidade se fixo noite por completo e os espectadores puideron apreciar a coroa solar e os efectos visuais que precederon eses segundos (que superaron o minuto nalgunhas zonas) de escuridade absoluta.

Publicidade

A meteoroloxía xogou na contra de boa parte da costa coruñesa, mais, con todo, quen viviron o evento nas zonas nas que as nubes ocultaron os astros aínda puideron experimentar outros fenómenos: a penumbra no ambiente, unha cor sepia tinguindo lixeiramente a contorna e a baixada dos termómetros a medida que a Lúa lle gañaba terreo ao Sol. Estas son algunhas das imaxes que tomaron aqueles que contemplaron a eclipse total sen interferencias atmosféricas.

  • Anel de diamante capturado en Castro de Ribeiras de Lea. Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Perlas de Baily. Imaxe: Mariola Juncal, da Asociación Astronómica Sirio
  • Coroa solar na que poden apreciarse tamén as fulguracións do Sol (luz vermella no lado esquerdo da coroa). Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Fulguracións do Sol. Imaxe: Mariola Juncal, da Asociación Astronómica Sirio
  • O disco luminoso é a coroa solar, que foi visible grazas a que a Lúa ocultou a luz do Sol. Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Anel de diamante capturado en Castro de Ribeiras de Lea. Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Coroa solar capturada dende Castro de Ribeiras de Lea. Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Totalidade da eclipse. Imaxe: Mariola Juncal, da Asociación Astronómica Sirio

Un evento en compañía

O evento foi visible dende a metade norte de Galicia, con Ourense e —sobre todo— Pontevedra quedando no límite entre a totalidade e a parcialidade. Isto non impediu que persoas de todas partes da comunidade saíran ás rúas para compartir o momento con familia, amigos, veciños e descoñecidos que, por un par de horas, se converteron en parte dunha experiencia conxunta.

Publicidade

  • Observadores en Castro de Ribeiras de Lea. Imaxe: Manuel Lorenzo Valdivia
  • Momento de observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto dende o paseo de Orzán (A Coruña). Foto: Laura Filloy
  • Observadores reunidos en Baiona. Imaxe: J.G.C.
  • Observadores reunidos en Baiona. Imaxe: A.P.A.
  • Persoas reunidas no Centro Deportivo Vista Alegre de Ordes. Imaxe: Noelia Gallego
  • Persoas reunidas no Centro Deportivo Vista Alegre de Ordes. Imaxe: Noelia Gallego

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente