A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

O centro tecnolóxico Gradiant, en colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), lidera unha iniciativa orientada a mellorar a eficiencia e a sostibilidade do tratamento das feridas crónicas mediante ferramentas dixitais e intelixencia artificial. Baixo o nome de ICAREWOUNDS, este proxecto europeo desenvolve e valida un modelo de atención integrada que busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente aos pacientes. Durante a presentación dos resultados en Vigo informaron de que 27 profesionais sanitarios de Galicia, Irlanda e Portugal xa están poñendo a proba a ferramenta.

Entre as capacidades da solución está a análise dos tecidos presentes en cada ferida, a recomendación de opcións de tratamento baseadas en guías clínicas internacionais e o seguemento da evolución das lesións. Ademais, facilita a xestión de citas e a elaboración de recomendacións de coidado integral dirigidas a pacientes e coidadores. “A experiencia pon en relieve a importancia de implicar a profesionais e usuarios finais no deseño e validación destas ferramentas”, sinala Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant.

Publicidade

Na súa intervención, Shaila Calvo, Head of Health & Biotech en Gradiant, destacou que o proxecto “facilita a integración da información relevante en pacientes con feridas crónicas e o seguimento da súa evolución”. Inclúe tamén un sistema de apoio á toma de decisións clínicas baseado en intelixencia artificial, para orientar as decisións sobre o tratamento local das feridas.

A confianza na IA

O evento de presentación do proxecto finalizou coa mesa redonda Da tecnoloxía á práctica clínica: mellora do manexo de feridas, coa participación de Jiri Musto, Postdoctoral Researcher en LUT University; Alejandra Castaños, Clinical Project Manager & Researcher en el Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia; Rini Bhatnagar, Post-doctoral Research Fellow en University College Dublin; e Sandamini Wanigasooriya, Researcher en University College Dublin.

Publicidade

Musto aseguraba que, para que os profesionais sanitarios adopten unha plataforma baseada en IA, é importante que podia confiar en ela e, ao mesmo tempo, manter a súa autonomía na toma de decisións: “A IA debe ser unha ferramenta de apoio, non un substituto”. Pola súa banda, Bhatnagar indica que, dende ICAREWOUNDS, combinan experiencia clínica, tecnoloxía dixital e ferramentas de apoio co obxectivo de acadar unha “atención coherente, coordinada e de alta calidade“. Todos conclúen na necesidade dos estudos piloto para poder identificar necessidades, valorar as condicións de adopción e favorecer que a investigación tecnolóxica poida trasladarse á práctica asistencial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe