Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

Para converter ao paciente nun axente activo da súa propia recuperación, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) e o Hospital Público Álvaro Cunqueiro en Vigo lanzan un innovador proxecto que combina o exercicio físico terapéutico —cuxos beneficios sobre a fatiga, o estado cardiovascular e a saúde emocional nos procesos oncohematolóxicos están amplamente demostrados— coa tecnoloxía de última xeración. Así, mediante o uso de lentes de realidade virtual inmersiva (RVI), o paciente ingresado no hospital para recibir un transplante de medula ósea ou un CART axúdaselle a afrontar o illamento que ocasiona unha perda drástica de movemento e mitigar a deterioración física consecuente. Así, inmersése en ambientes virtuais paralelos, motivadores e lúdicos (a través do exergaming ou terapia de xogo) que reducen o estrés, alivian a ansiedade e melloran a tolerancia á dor, facilitándolle manterse fisicamente activo durante o tempo de ingreso.

Un enfoque interdisciplinar e pioneiro

O proxecto naceu da colaboración de equipos multidisciplinares do IISGS. Está liderado pola Dra. Carmen Albo, xefa do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Hospital Álvaro Cunqueiro e investigadora principal do grupo de Hematoloxía e Hemoterapia do IISGS, e coordinado polo Dr. Pablo Campo, investigador do grupo HealthyFit no IISGS e da Universidade de Vigo, e experto na aplicación da realidade virtual inmersiva. Tamén conta co apoio e a implicación directa da Asociación Galega de Persoas Afectadas por Transplantes de Medula Ósea (ASOTRAME), contribuíndo a que o deseño responda fielmente ás percepcións e necesidades reais dos usuarios, e cos equipos de Fisioterapia, Psicoloxía e Enfermaría que atenden habitualmente a estes pacientes. Así mesmo, o proxecto conta co apoio de Igalia – Free Software Consulting facilitando a compra do equipamento técnico para este proxecto.

Publicidade

“O exercicio é seguro e necesario durante estes tratamentos intensivos, pero a incerteza e o illamento merman a adherencia dos pacientes ás táboas de exercicio convencional “, explica a doutora Carmen Albo. Pola súa banda, o doutor Pablo Campo destaca que a realidade virtual inmersiva “permite un enfoque multisensorial onde o paciente interactúa cun ambiente agradable que gradúa a intensidade do esforzo en tempo real, transformando o esforzo físico nunha experiencia lúdica e motivadora. Poder trasladarse a outros lugares e escenarios sen saír da habitación, tamén contribúe ao benestar emocional durante o período de ingreso.”

O proxecto será avaliado mediante un ensaio clínico que comparará os resultados dos pacientes que usan esta tecnoloxía fronte ao programa convencional de exercicio terapéutico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga