Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Ceos nubrados, chuvias febles no litoral atlántico e temperaturas que non superarán os 25 graos, agás en Ourense. Esta é a previsión para a terceira semana de xullo en Galicia, que estará marcada pola inestabilidade. Isto débese a unha dina situada ao oeste da península ibérica, fronte a costa galega, que impulsará aire atlántico cara a comunidade e provocará un tempo cambiante e temperaturas suaves. Esta baixa irase afastando de Galicia de cara ao xoves, e prevese maior estabilidade para a fin de semana, cando se recupere a influencia anticiclónica e aumenten de novo as temperaturas de forma progresiva.

“Galicia comezará a semana nunha situación moi indefinida”, indican dende Meteogalicia, que sinalan a dina no oeste peninsular e as altas presións situadas ao norte como responsables da inestabilidade. Así, para o luns agárdanse ceos nubrados, chuvias febles no litoral atlántico e algún chuvasco “illado e ocasional” máis probable na provincia de Lugo e no norte da Coruña. En canto ás temperaturas, sufrirán un lixeiro descenso en relación coa fin de semana. Agás Ourense, que rexistrará 31 graos, o resto de cidades galegas roldarán os 25. En canto ás mínimas, situaranse nos 15 graos.

Publicidade

De cara ao martes, o escenario atmosférico non experimentará grandes cambios. As temperaturas manteranse en valores semellantes ao día anterior, e tamén se prevén ceos nubrados. Pode que se rexistren chuvascos illados nas provincias de Lugo e Ourense. A situación continuará de cara ao mércores, con moita nebulosidade prevista para o inicio da xornada, pero que se irá disipando conforme avance a mañá. De novo, poden rexistrarse chuvias puntuais nas provincias de Lugo e Ourense, e as temperaturas manteranse nos valores dos días anteriores, sen grandes cambios.

Galicia experimentará un cambio de tempo a partir do venres, dado o afastamento progresivo da dina. Con todo, a antesala da fin de semana será unha xornada de transición, cando aínda se prevén ceos moi nubrados no norte e temperaturas baixas para a época do ano. A influencia anticiclónica recuperarase de cara ao sábado, e prognostícase que continúe a principios da vindeira semana. As altas presións traerán de novo ceos despexados e un ascenso progresivo dos termómetros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro