A Xunta clausura a planta soto do centro de saúde de Ponteareas pola elevada concentración de radon

O gas está catalogado como canceríxeno e está vinculado causalmente ao cancro de pulmón

A Xunta pechou temporalmente a planta soto do centro de saúde de Ponteareas polas elevadas concentracións de radon, un gas catalogado como canceríxeno e vinculado causalmente co cancro de pulmón. Así o anunciou a Consellería de Sanidade, dende onde se promoveron medicións no marco das actuacións de control e prevención que se están a desenvolver en varios edificios sanitarios. Tras coñecer os resultados, constituíuse un grupo de traballo para establecer as medidas máis axeitadas. Dende a Consellería procedeuse á clausura da planta soto ao detectarse concentracións de gas radon superiores aos niveis de referencia recollidos na lexislación.

Debido ao peche temporal, o Sergas reorganizou os espazos e o persoal afectado “coa fin de garantir tanto a seguridade dos profesionais como a continuidade da asistencia sanitaria”. Así, a psicóloga da Unidade de Saúde Mental pasará consulta nas Neves; mentres que os psiquiatras, a enfermeira e a profesional administrativa continuarán o seu traballo no centro de saúde de Ponteareas, onde se acondicionou unha nova consulta. En canto á área de pediatría, a Consellería indica o seguinte: “Reorganizouse aproveitando consultas dispoñibles durante o período estival”. As sesións de educación maternal trasladáronse a unha sala multiusos municipal.

Publicidade

“Continúase traballando na definición e implantación das actuacións técnicas necesarias para reducir os niveis de radon no edificio, que serán avaliadas mediante novas medicións antes de determinar a recuperación da actividade da planta afectada”, sinalan fontes da Consellería.

O gas radon é incoloro, inodoro e insípido, e emite radiación como resultado da descomposición natural do uranio-238. O 91% dos concellos galegos rexistran niveis elevados do gas canceríxeno, debido ao granito, que contén moito uranio e radio do que procede o radon. O gas ascende dende o subsolo e pode filtrarse ao interior de vivendas e lugares de traballo a través de fendas, fisuras e xuntas mal seladas. É considerado un carcinóxeno humano e está vinculado causalmente co cancro de pulmón. É dicir, a máis exposición, maior risco de desenvolver a enfermidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral

Esta é a situación de Ponteareas no mapa do risco de radon

A Consellería de Sanidade pecha temporalmente a planta soto do centro de saúde municipal e reorganiza o persoal tras detectar niveis elevados do gas canceríxeno

As claves do gromo de hepatite A de Narón: que se sabe do contaxio

O longo período de incubación de ata dous meses dificulta a identificación da fonte inicial e obriga a manter a vixilancia epidemiolóxica

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade