A USC lidera a creación do primeiro protocolo de vixilancia da saúde dos traballadores expostos a radon

O documento, elaborado por encargo do Ministerio de Sanidade, é pioneiro en Europa con recomendacións para o seguimento sanitario

O Laboratorio de Radon de Galicia (USC) liderou o Protocolo de Vixilancia Sanitaria Específica de Persoas Traballadoras Expostas a Radon, un encargo do Ministerio de Sanidade. Trátase do primeiro destas características en Europa, pioneiro no seu ámbito ao establecer as recomendacións de seguimento do persoal traballador que está exposto a concentracións elevadas de radon no seu traballo e que superen a dose de radiación fixada para a súa clasificación como expostos —6 mili sieverts por ano oficial—. O traballo realizado por este laboratorio universitario adscrito ao CRETUS, cos docentes Lucía Martín Gisbert e Alberto Ruano Raviña como investigadores principais.

O documento destaca, por unha banda, a obriga das persoas empregadoras en clasificar os traballadores e traballadoras como expostos se se superan certas condicións; e, por outra, faise énfase en dar pautas ao persoal médico para reducir o risco de cancro de pulmón debido á exposición a radon, considerando especialmente o consumo de tabaco, a posible exposición a outras substancias carcinoxénicas no ámbito laboral e, finalmente, a presenza de concentracións elevadas de gas radon nos domicilios. Así mesmo, o protocolo non recomenda a realización de ningunha proba médica ou de imaxe, e particularmente aquelas que impliquen o uso de radiación ionizante, como o TAC de baixa dose, ao non existir evidencia científica sobre a súa utilidade en persoas expostas a radon.

Publicidade

O persoal investigador da USC lembra que todos os postos de traballo situados en planta baixa ou baixo rasante teñen a obriga de medir radon se están nos máis de 1.600 municipios españois clasificados como zona II (zona de risco) polo Consejo de Seguridad Nuclear. No caso de Galicia, é a práctica totalidade e as medición deben realizarse con laboratorios acreditados durante un período de tres meses comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS