Galicia rexistra o segundo mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros

O último informe de Meteogalicia conclúe que foi un período seco e marcado por dous importantes episodios de calor

Galicia vén de rexistrar o mes de xuño máis cálido dende 1961, ano no que comezaron os rexistros. En concreto, O informe climatolóxico presentado esta mañá por Meteogalicia puxo énfase nas dúas ondas de calor que abafaron a comunidade o mes pasado e sinalou unha anomalía de temperatura de 2,6 graos. De feito, no que vai de 2026 xa se contabilizan 16 xornadas con avisos por altas temperaturas.

Segundo explicaron durante a rolda de prensa, xuño comezou con temperaturas “algo máis baixas” para a época do ano, pero os termómetros comezaron a subir de forma porgresiva. Así é que entre os días 11 e 14 e, despois, entre o 20 e o 24 rexistráronse dous importantes episodios de calor que deixaron temperaturas abafantes en Galicia. A primeira semana de xullo está a seguir a mesma tendencia, dado que xa se superaron os 40 graos nos últimos días en puntos de Ourense, Pontevedra e Lugo. A isto hai que sumar as noites tropicais, é dicir, que as temperaturas non baixen de 20 graos durante a madrugada.

Publicidade

En relación ás precipitacións, xuño foi un mes seco no que as chuvias foron “escasas e irregulares”, agás por algunhas treboadas no interior de Lugo. Neste contexto, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que Santiago xa acadara os 40 graos en setembro de 2016 e que Ourense chegara aos 44no verán de 2022. Con todo, puxo énfase en que a evidencia científica apunta a que este tipo de fenómenos aparecen con maior frecuencia e, nalgúns casos, con maior intensidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona