Amtega lanza unha nova edición de DigiTalent para impulsar a formación en competencias dixitais

Un ciclo de webinars, un plan de mentoring na Formación Profesional e un programa de estudos STEM conforman o catálogo de actividades

A formación dixital xa é un imprescindible no mercado laboral. Por iso a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) impulsa unha nova edición de DigiTalent. Un programa que ten como obxectivo reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís. Os seus eixos de actuación son fundamentalmente tres: o impulso ás vocacións STEM, a promoción de adaptación aos novos perfís dixitais e a formación e-líderes para a transformación dixital.

Ser tecnólogo por un día

Dentro do novo catálogo de actividades de DigiTalent está o lanzamento do programa “Tecnólog@s por un día”. Unha iniciativa que buscar espertar interese polos estudos STEM entre as persoas máis novas. Este proxecto, que abrirá pronto o seu prazo de inscrición, ofrece a rapaces de ata 17 anos a oportunidade de desfrutar dunha xornada de inmesión en proxectos reais da man dos responsables de talento e profesionais sénior das empresas colaboradoras.

Publicidade

Como novidade, coa volta á presencialidade desta iniciativa, os nenos e nenas participantes que realicen a súa visita en Amtega, terán a posibilidade de coñecer as instalacións como o GaiásTech, onde realizarán actividades lúdico-formativas na sala inmersiva con imaxes 360º e lentes de realidade virtual.

Ciclo de webinars

Outra das apostas do DigiTalent deste ano será o ciclo de webinars TransformaTech Sessions, que afondará en temáticas relativas á Industria 4.0 e tecnoloxías disruptivas ligadas ao big data, á ciberseguridade ou á intelixencia artificial. Estas xornadas van dirixidas a todo tipo de profesionais que desexen especializarse nestes ámbitos. Ademais, os participantes contarán cun servizo de titorías online.

Publicidade

Amais dos webinars, Amtega tamén propón o Programa de Mentoring FP, no que o alumnado deste nivel educativo do ámbito STEM poderá contar coa colaboración dunha rede de mentores que resolverán as súas inquedanzas laborais, orientarán as súas iniciativas emprendedoras e acompañaranos na identificación de saídas profesionais no ámbito tecnolóxico a través de sesións personalizadas.

Retorno do talento dixital galego

Amtega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, acaba de lanzar o Portal Retorna Dixital; unha iniciativa dirixida aos galegos e galegas do sector TIC que se encontran no exterior e desexan volver á terra. Así, ofrécenselle unha serie de oportunidades para comezar unha nova carreira profesional.

O Portal, activado no mes de setembro ao abeiro do Plan DigiTalent e enmarcado na web GaliciaAberta, é un espazo que facilita o encontro entre as empresas do sector TIC galego adheridas que buscan profesionais especializados e o talento dixital emigrado de Galicia. Ademais, o Portal dispón dun directorio de empresas que os profesionais interesados poderán consultar para contactar directamente.

DigiTalent foi concibido coma un Plan vivo e conectado coa realidade galega para a
xeración e retención de talento, unha iniciativa aberta á reflexión conxunta entre a
Administración galega e os axentes do ecosistema dixital. Neste compromiso compartido, a estas actuacións sumaranse, un ano máis, as iniciativas lideradas polas 12 empresas adheridas ao Pacto Dixital de Galicia, que colaboran con Amtega para impulsar unha serie de eixos estratéxicos e promover entre a cidadanía as capacidades necesarias para desenvolverse plenamente no eido dixital.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía

A revolución intelixente da Xustiza galega: o Plan Senda 2028 propón un sistema máis inclusivo

O Goberno galego aproba unha estratexia que introduce a intelixencia artificial no sistema xudicial, ten unha xestión bilingüe co programa Atenea e dota de ferramentas tecnolóxicas ás 268 oficinas municipais

Protocolos notariais e fotos do século XIX: a Catedral de Santiago dixitaliza máis de 82.000 documentos en liña

O novo espazo virtual do Arquivo-Biblioteca incorpora fondos medievais e unha base de datos pública sobre peregrinacións a Compostela

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet