Galicia estrea en xuño o laboratorio de ciberseguridade da Xunta para empresas e infraestruturas

A nova instalación contará con dous espazos, ambos centrados na investigación e prevención de riscos dixitais

Dá comezo a xornada O impacto da Cyber Resilience Act (CRA) na ciberseguridade do ecosistema dixital. Este evento, que se desenvolve no marco do programa RETECH, foi inaugurado por Damián Rey, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O máximo responsable da axencia autonómica destacou a importancia da cooperación público-privada para abordar os retos da ciberseguridade.

Damián Rey incidiu: “A Administración autonómica leva anos apostando por consolidar un ecosistema sólido no que institucións públicas, empresas, centros tecnolóxicos e ámbito académico traballemos intercambiando sinerxías e coñecementos”. Con ese obxectivo naceu hai seis anos o Nodo CIBER.gal, “un espazo de referencia para esa colaboración público-privada”, explica. Só no último ano o Nodo impulsou máis de 300 actividades de formación, sensibilización e divulgación, que chegaron a máis de 11.000 persoas.

Publicidade

O director da Amtega destacou: “Nesa mesma liña de colaboración e impulso ao tecido produtivo, demos un paso máis coa posta en marcha da iniciativa RETECH que desenvolvemos xunto con Cataluña e a Comunidade Valenciana para a creación dun Centro de Innovación e Competencias en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa”.

Un espazo de investigación e prevención

No marco desta iniciativa porase en marcha a finais de xuño un laboratorio transversal con dous espazos, un centrado en produtos con elementos dixitais e outro na protección de infraestruturas e procesos produtivos fronte a riscos dixitais, que ofrecerán ás empresas contornas reais nas que probar solucións e anticipar riscos ante un contexto normativo e tecnolóxico cada vez máis esixente.

Publicidade

Estos espazos estarán na Cidade da Cultura para, posteriormente, trasladarse ao futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia de Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla