O 30 de abril será o “día xemelgo da eclipse”, un adianto do gran evento astronómico de Galicia

A configuración do ceo reproduce a posición e altura do Sol previstas para a fase de totalidade, facilitando a planificación de cara ao 12 de agosto

En menos de catro meses, coincidindo co día 12 de agosto, poderase vivir unha eclipse total de Sol visible dende Galicia, que será o primeiro territorio en España en observar como a Lúa oculta por completo o Sol. Este fenómenon non acontece dende o ano 1912 e non se volverá repetir ata 2180. Pero antes de chegar á cita astronómica do verán, o 30 de abril convértese nunha data clave: será un día xemelgo da eclipse, no que o Sol ocupará exactamente a mesma posición que terá durante esta xornada de agosto. Así, producirase unha curiosa coincidencia astronómica que permitirá realizar un “ensaio xeral” da eclipse.

Este fenómeno débese a que, debido á xeometría da órbita terrestre e ao movemento aparente do Sol no ceo, a finais de abril a estrela se situará practicamente na mesma posición que o 12 de agosto. En termos prácticos, significa que se o 30 de abril se mira cara ao oeste á mesma hora da eclipse —arredor das 20:20 horas—, verase o Sol exactamente no lugar onde aparecerá eclipsado.

Publicidade

O evento astronómico ocorrerá moi preto do horizonte, algo pouco habitual en eclipses totais. O Sol estará apenas a uns graos de altura cando chegue a totalidade, polo que calquera obstáculo podería arruinar a observación. Por iso, este “día xemelgo da eclipse” convértese nunha ferramenta práctica para planificar onde velo. Así, o Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia considera o 30 de abril un momento ideal para probar as lentes de eclipse, fundamentais para visualizar correctamente e con seguridade o fenómeno de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Sete segundos de escuridade

Unha experiencia máis sobre a eclipse total do 12 de agosto, escrita por unha xornalista de GCiencia. Por Andrea Veiga

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite