A eclipse de sol de agosto será total no teu concello? Compróbao neste mapa

Unha ferramenta interactiva baseada en datos do IGN mostra as zonas de Galicia onde o ceo quedará completamente a escuras

Cada día que pasa é un día menos para un dos eventos do ano: a eclipse de sol do 12 de agosto, cuxa banda de totalidade pasará directamente por Galicia. Todos os ollos están postos en atopar o mellor lugar dende o que observar este fenómeno astronómico. Para facilitar a tarefa, a páxina web de Turismo de Galicia ofrece un mapa interactivo no que se pode comprobar, concello por concello, se se atopa dentro da franxa de totalidade, con datos proporcionados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

No mapa distínguense dúas cores no mapa: amarelo, que indica que a eclipse será parcial, e azul, que sinala que o concello está situado dentro da franxa de totalidade. A maior parte dos puntos azuis concéntranse entre A Coruña e Lugo, sendo esta última provincia a que presenta unha maior presenza dentro da banda. Así, a capital coruñesa quedará baixo a influencia da escuridade, xunto a moitos outros concellos da área metropolitana, como Oleiros, e tamén do norte/interior, como Valdoviño ou Curtis. Pola contra, no suroeste e nalgunhas zonas costeiras a eclipse pode ser parcial; é o caso de Muxía ou Cee.

Publicidade

Ourense é nomeada a “provincia de contraste”: aínda que na maior parte do territorio será parcial, a totalidade estará nos concellos do leste e do sueste, como os da comarca de Valdeorras e outras zonas de montaña. Na contorna de Ourense cidade e en boa parte do resto da provincia predominará a observación parcial. Pola súa banda, Pontevedra é a provincia de Pontevedra onde menos inflúe a banda de totalidade, que só atravesa algúns concellos do interior, como Rodeiro, Vila de Cruces e Agolada. Na maior parte do territorio a magnitude da eclipse será moi alta, pero sen chegar á totalidade.

Cal é o maior tempo en totalidade?

Ás 20:27:31 do 12 de agosto, o concello de Mañón (A Coruña), o máis setentrional de España, entrará na fase de totalidade durante un minuto e 47 segundos, converténdose nun dos lugares onde a eclipse escurecerá durante máis tempo. Preto deste punto atópase Cariño, cunha duración de totalidade de un minuto e 44 segundos. A estes súmanse tamén Ortigueira e Cerdido, que alcanzarán arredor dun minuto e 40 segundos.

Publicidade

No extremo contrario sitúanse os concellos onde a totalidade será máoi breve. É o caso de Touro (A Coruña), cunha duración de 16 segundos, un dos tempos máis baixos dentro da franxa de totalidade. Algo similar ocorre no Pino (17 segundos), Oroso (23 segundos) e Ponteceso (23 segundos). Xa preto do minuto atópanse Cerceda, Melide e A Laracha, onde a totalidade durará entre 56 e 57 segundos.


Podes consultar o mapa interactivo de Turismo de Galicia na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa interactivo amosa os camiños marítimos máis transitados das augas galegas

MarineTraffic é unha plataforma en liña que emprega tecnoloxía de identificación automática para sinalar a ubicación dos barcos en tempo real

Flamengos, falcóns e corvos: descubre as aves que podes ver en Galicia segundo este mapa interactivo

EuroBirdPortal recolle os datos de múltiples portais web de visualización ornitolóxica e combínaos nunha ferramenta única

Un mapa analiza a vulnerabilidade das sete cidades galegas ante o aumento da calor cara ao 2050

A Coruña rexistra a peor calidade das zonas verdes e o mellor abastecemento cotián, mentres que en Ferrol se prevé o maior incremento de días de temperaturas extremas

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación