Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01 do venres 28 de agosto, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Un novo fenómeno astronómico sumarase ao calendario de agosto, despois da eclipse solar do día 12 e da chuvia de estrelas por excelencia: as Perseidas. Agora é o turno doutra eclipse, esta vez unha parcial de Lúa, que acontecerá na madrugada do venres 28. Segundo explican dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC), faltaralle moi pouco para ser total. De feito, na súa máxima ocultación —que se producirá ás 6.13 horas—, un 93% do diámetro da Lúa estará eclipsado pola sombra da Terra.

“As eclipses lunares prodúcense cando a Terra se coloca exactamente entre o Sol e a Lúa, impedindo que toda ou parte da luz que emite o primeiro lle chegue á segunda. A fase lunar é polo tanto de Lúa chea”, explica o profesor da USC e coordinador do observatorio, José Ángel Docobo.

Publicidade

Cono de penumbra e cono de sombra

Ao unir as tanxentes interiores aos discos solar e terrestre fórmase o denominado cono de penumbra, que se vai abrindo. “En tanto que se facemos o mesmo coas tanxentes exteriores temos o cono de sombra que, ao contrario que o outro, vaise pechando”, sinala Docobo. Se cortamos estes dous conos cun plano perpendicular, a liña que une os centros do Sol e do noso planeta, obtéñense dous círculos polos que vai pasar a Lúa. Así, neste caso, o satélite comezará a entrar ás 3.25 horas no cono de penumbra e ás 4.34 horas farao no cono de sombra, comezando neste intre a eclipse parcial. Esta fase durará ata as 7.51 horas, tendo lugar a máxima ocultación ás 6.13 horas. Finalmente, e seguindo unha secuencia simétrica, a Lúa abandonará o cono de penumbra ás 9.01 horas, dando por rematada a eclipse.

A radiación solar

“A fase penumbral normalmente pasa case desapercibida dado que a Lúa segue véndose enteira aínda que lle chega menos luz do Sol, en tanto que cando está xa practicamente dentro do cono de sombra, coma vai acontecer na eclipse do venres, a parte eclipsada amosará unha tonalidade vermella de adoita chamarse Lúa de sangue”, explica Docobo. A responsable de dita coloración é a radiación solar que pasa próxima á Terra e que a nosa atmosfera desvía por refracción cara á Lúa.

Publicidade

Ao contrario que sucede coas eclipses solares, nas de Lúa non é necesario protexer a visión para a súa contemplación. Ademais, no último día do ano 2028 terá lugar unha eclipse total de Lúa na península.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

O proxecto Sensoxenoma evidencia que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas

A investigación da USC e do IDIS cumpre cinco anos con máis de 20.000 mostras e detecta respostas biolóxicas tras a exposición sonora, tamén en persoas con TEA

A Nobel de Física Anne L’Huillier visita Santiago para falar da ciencia do attosegundo

A investigadora, recoñecida en 2023, manterá encontros con persoal investigador e impartirá unha conferencia aberta á cidadanía o 2 de outubro

Dende un calendario azteca a puntas de frecha de sílex: así é o fondo da centenaria Biblioteca América da USC

A institución celebra 100 anos da súa inauguración oficial cunha exposición na que se amosa de xeito inédito o primeiro título 'honoris causa' concedido na historia da universidade