Os concellos que empregan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta cuadriplicáronse nun ano

Na primeira metade de 2025 houbo preto de 2.000 alertas por posibles fraudes reportadas a entidades locais

As catro deputacións e un total de 109 concellos utilizan os sistemas de monitorización dos servizos na Internet proporcionados pola Xunta de Galicia, unha cifra que case se multiplicou por catro con respecto a 2024, cando eran só 26 concellos e as catro deputacións os que empregaban estas ferramentas que permiten identificar e cualificar riscos na rede. Os servizos autonómicos procesan diariamente 710 millóns de eventos informáticos en concellos e deputacións.

A Xunta ofrece servizos de ciberseguridade a estas entidades dende que en 2021 se puxo en marcha o plan para protexelas fronte aos ciberataques. Esta prestación inclúe ferramentas e servizos avanzados de ciberseguridade, ademais de apoio técnico e iniciativas formativas e de capacitación. Na primeira metade deste ano a Xunta reportou ás entidades locais preto de 2.000 alertas por posibles fraudes, como credenciais roubadas ou páxinas web falsas.

Publicidade

A través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) póñense a disposición dos concellos e deputacións unha Oficina Técnica de Seguridade, monitorización dos servizos da Internet, vixilancia dixital, monitorización permanente de alertas de ciberseguridade, auditorías técnicas para a mellora da seguridade, servizos de protección avanzada, e charlas para a formación e concienciación. Ademais, hai un servizo transversal para a difusión de información sobre ciberseguridade.

As deputacións, así como 22 grandes concellos, empregan os servizos de vixilancia dixital, que permiten unha supervisión continua de información sensible e evitan fraudes como o roubo de credenciais (usuario e contrasinal), dominios sospeitosos ou portais web similares aos das administracións, ou uso non autorizado do nome ou logotipo da entidade. A mediados de ano, este servizo levaba detectadas cerca de 2.000 alertas de posibles fraudes. En 2024 lográronse identificar máis de 3.600 alertas.

Publicidade

A monitorización permanente de alertas de ciberseguridade é utilizada por 10 entidades locais e permite procesar máis de 700 millóns de eventos cada día. Na primeira metade deste ano levábanse xestionadas 8.500 alertas ou intentos de ataque. Dende 2022, a Xunta realizou 172 auditorías técnicas sobre ciberseguridade en deputacións e concellos e puxo á súa disposición 6.000 licencias dunha plataforma de protección avanzada.

Triplícase o orzamento en ciberseguridade

O informe realizado por Amtega sinala que o plan para a protección das entidades locais é un exercicio de visión estratéxica, solidariedade institucional e optimización de esforzos. Estas administracións prestan servizos esenciais á cidadanía, que deben ser garantidos, e son depositarias de datos sensibles, que deben ser protexidos.

O acordo marco vixente para proporcionar servizos de ciberseguridade ás Administracións públicas, aprobado en 2024, ten un orzamento de 29.065.796 euros. Con anterioridade, en decembro de 2021, aprobárase o primeiro acordo marco por 8,2 millóns de euros, pero o incremento de incidentes de seguridade e a necesidade das entidades públicas dun asesoramento e soporte especializados neste ámbito fixeron necesario triplicar a previsión inicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca