A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta de Galicia declara en situación de seca prolongada os sistemas dos ríos Ulla-Tambre e no da Costa Norte —que abrangue as comarcas de Ortegal e parte da Mariña lucense— ante a constatación dunha redución drástica das precipitacións e dos recursos hídricos naturais en ambas as zonas, tendo en conta tamén as previsións meteorolóxicas. Este territorio abrangue un total de 74 concellos da Coruña e Lugo.

A causa da evolución máis recente dos indicadores, tamén acordou declarar a prealerta en catro novas unidades territoriais: río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; costa de Pontevedra; río Umia e ría de Arousa marxe esquerda, e río Mero, Arteixo e ría da Coruña. Estas zonas súmanse ás cinco que xa estaban nesta fase: río Tambre e ría de Muros e Noia; río Grande, en Camariñas; río Mandeo e ría de Betanzos; río Landro e río Ouro, e Ferrol. Ademais, mantén a situación por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo, así como medidas equivalentes, sen chegar a declarala, no subsistema de Baiona.

Publicidade

En todo caso, o feito de que unha parte da demarcación hidrográfica entre oficialmente en seca prolongada non implica por si mesma restricións nos usos e consumos de auga nestes municipios, pero si permite adaptar —cando proceda e coas garantías ambientais establecidas— o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións e circunstancias excepcionais actuais. As limitacións e posibles medidas de aforro sobre os abastecementos municipais dependen da fase de escaseza en que se atope cada sistema.

Implicacións nos concellos afectados

Un total de 127 concellos están parcial ou completamente incluídos nas unidades afectadas pola escaseza conxuntural de auga: 32 en alerta ou con medidas equivalentes, e outros 95 en prealerta. Neste último caso, con todo, a incidencia na práctica é desigual, xa que nalgúns concellos só unha parte reducida do territorio pertence á unidade afectada e o sistema principal de abastecemento capta a auga noutra bacía. No resto de Galicia-Costa mantense a normalidade e, segundo os últimos datos de ocupación dispoñibles, os encoros de abastecemento sitúanse no 52,34% de capacidade, case 13 puntos menos que por estas mesmas datas en 2025.

Publicidade

O nivel de alerta é o segundo máis alto dos establecidos no Plan da seca de Galicia-Costa e, a efectos prácticos, supón adoptar medidas para conservar os recursos hidráulicos existentes. De ser necesario, a prohibición de usos prescindibles como o baldeo de rúas, o enchido de piscinas ou a rega de xardíns. Así mesmo, en caso de ser preciso, aplicaríanse cortes de auga puntuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía