O lume queima máis de 1.000 hectáreas nas últimas horas

Un incendio que comezou en Dodro e se estendeu xa a Rianxo, con máis de 850 hectáreas calcinadas, é o máis grande dos rexistrados este ano

No día no que comezaban as prohibicións para as queimas en Galicia, e con varios incendios activos xa durante o luns, o lume espallouse ao caer a noite do luns ao martes por varias zonas do Barbanza e o norte do país. As condicións xa o avisaban: había aviso amarelo por vento no mar entre Ribadeo e a ría de Muros e Noia. E precisamente preto de aquí foi onde onte á noite comezou o que é ata agora un dos incendios máis grandes dos últimos meses. Un lume que se rexistrou onte á noite en Laíño (Dodro) xa se estende a Rianxo, empurrado por refachos de ata 60 km/h que provocou a aparición de novos focos, concentra as preocupacións dos medios de extinción. Ás 16 horas, a superficie era xa de 850 hectáreas, polo que sumada aos outros lumes das últimas horas, eleva a máis de 1.000 ha o total de Galicia.

O incendio de Dodro e Rianxo xa se ve desde o espazo

Non en tanto, sen saír do Barbanza, declaráronse durante a noite outros dous incendios nas parroquias veciñas de Argalo (Noia) e Tállara (Lousame), un dos lugares con alta actividade incendiaria de Galicia. Despois de arder 78 hectáreas na suma das frontes, os lumes quedaron controlados na mañá do martes.

Publicidade

E nas Pontes, na parroquia do Freixo, rexistráronse arredor da medianoite outros dous lumes, que se achegaron en conxunto ás  21 hectáreas queimadas. Quedaron controlados ao mediodía do martes. Nesta mesma parroquia houbera onte xa outros lumes. E non lonxe de alí, en Muras, na parroquia do Burgo, o lume calcinou onte 83 hectáreas.

A situación apunta a que será complicada este martes, con niveis moi altos, mesmo extremos, de risco de incendios, como adiantaba AEMET.

Publicidade

A seca, a calor e o vento aumentan o risco de incendios en Galicia

“Sabemos que hai moitas queimas que se escapan”, comentaban en febreiro desde Aprafoga (Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia). Alén disto, a seca, a calor e o vento do nordés aumentan claramente o risco. Estes días estanse vivindo situacións moi próximas ao factor 30-30-30 (máis de 30º de temperatura, menos do 30% de humidade e máis de 30 km/h de vento) que axuda á propagación dos lumes máis voraces.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla