Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Imaxina xogar aos mellores pasatempos, pero en galego. A web Ludogal aparece como unha plataforma dixital independente centrada na creación de xogos en liña, combinando lecer, tecnoloxía, divulgación cultural e contido educativo, en colaboración con A Mesa pola Normalización Lingüística. Actualmente conta con catro xogos operativos: Pensatermos, Xeobusca, Verbagal e Xeogal, todos dispoñibles dende o móbil, a tablet ou o ordenador. Dende o equipo que impulsa a iniciativa pretenden lanzar novas dinámicas e ferramentas para promocionar o impulso do galego na rede de forma aberta, gratuíta e sinxela.

En primeiro lugar, o Pensatermos 2.0, o clásico reto diario de vocabulario que se basea nun rosco para tratar de atopar todas as palabras do dicionario que sexas capaz, que xa conta cunha ampla comunidade de xogadores. En segundo lugar, Verbagal é unha adaptación ao galego do famoso xogo de adiviñar palabras Wordle, con tan só seis intentos. En terceiro lugar, Xeogal é un desafío xeográfico diario no que os xogadores deben descubrir o concello galego agochado a través das pistas. Finalmente, XeoBusca permite explorar cinco localizacións galegas a pé de rúa a fin de atopar o sitio no mapa antes de que se esgote o tempo.

Publicidade

Colaboración coa comunidade educativa

Un dos piares fundamentais do proxecto é a súa orientación ao ámbito educativo. Dende o equipo de Ludogal amósase unha total disposición a colaborar con docentes, colexios e institutos para achegar estas ferramentas ás aulas, ofrecendo un recurso didáctico, dinámico e divertido para reforzar o vocabulario, a ortografía e a xeografía galega entre o estudantado. Ademais, a plataforma xa conta con perfís activos en redes sociais como Instagram e Bluesky, onde se compartirá a actualidade do proxecto, novidades e os retos diarios para interactuar coa comunidade.

  • Captura de pantalla de Xeogal extraída de Ludogal.
  • Captura de pantalla de Pensatermos 2.0 extraída de Ludogal.

Podes acceder a Ludogal na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía