Das mallas nas viñas á vixilancia nas cidades: novas estratexias para loitar contra a velutina dende Galicia

Unha tese da UDC constata que a xestión da avespa asiática require dun cambio de enfoque porque a súa erradicación xa non é unha alternativa realista

A xestión da avespa asiática (Vespa velutina) en Galicia require un cambio de enfoque cando a súa erradicación xa non é unha opción realista. Esta é unha das principais conclusións da investigación desenvolvida por Yaiza R. Lueje, que estuda os impactos desta especie invasora nos ámbitos agrícola e urbano, así como a eficacia de distintas medidas para xestionar a súa presenza. A tese de doutoramento foi dirixida polos investigadores da Universidade da Coruña (UDC) María J. Servia e Jaime Fagúndez.

Os resultados da investigación demostran, no ámbito vitícola, que as mallas antisarabia constitúen unha medida moi eficaz para evitar os danos nas uvas, ao impedir o acceso tanto da avespa asiática como doutros axentes que poden afectar os acios. Ademais, a tese desenvolve unha metodoloxía sinxela, baseada na avaliación visual dos acios, que permite estimar as perdas na colleita. Pola contra, os resultados indican que as campañas xeneralizadas de trampeo con atraentes líquidos non son eficaces para reducir os danos nos viñedos e provocan a captura accidental de numerosos insectos.

Publicidade

A investigación tamén estuda a distribución da especie nos espazos urbanos mediante modelos que permiten analizar a súa relación con diferentes características ambientais, como a cobertura vexetal, a contaminación atmosférica e luminosa e o ruído. Os resultados mostran que a velutina é capaz de persistir en paisaxes moi antropizadas e que determinados factores ambientais propios das cidades poden estar asociados coa súa distribución. Esta información pode contribuír ao desenvolvemento de ferramentas de predición e á identificación de zonas nas que resulte prioritario reforzar a vixilancia.

Cara a unha xestión máis selectiva e baseada na evidencia científica

En conxunto, a tese pon de manifesto a necesidade de revisar as estratexias de control da avespa asiática en territorios densamente invadidos, como Galicia, nos que a erradicación da especie xa non resulta un obxectivo realista. Neste escenario, o traballo defende a importancia de priorizar a protección dos recursos vulnerables e a redución dos impactos ambientais fronte ao emprego xeneralizado de métodos de control pouco selectivos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da robotización á análise de datos: novas tecnoloxías para unha reciclaxe máis eficiente

Un proxecto europeo no que participa o CITIC desenvolve solucións para optimizar os procesos de selección e recuperación de materiais

O quecemento do mar favorece o establecemento do peixe sapo lusitano nas rías galegas

A especie, propia de augas máis cálidas, detectouse por primeira vez en Vigo en 2018 e estendeu a súa distribución cara ao norte, con rexistros recentes en Ferrol

Case 900 mapas sobre a diversidade do galego: este é o atlas dixital que nace de medio século de investigación

O Instituto da Lingua Galega presenta unha ferramenta interactiva que recolle as variacións dialectais en varios territorios galegofalantes

Un novo sistema de inspección intelixente creado en Galicia mellora a seguridade ferroviaria

O proxecto Airis da UVigo e Copasa emprega visión artificial, sensores ópticos, 5G e IA para automatizar a detección de defectos nas vías de alta velocidade