“A presión que hai en España por investigar fóra non a hai noutros países”

As científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras participaron na terceira sesión de ‘Ciencia en Femino’ para falar sobre as súas experiencias investigadoras no estranxeiro

Nos últimos anos os centros de investigación están realizando iniciativas para fomentar a igualdade de xénero pero, os postos de dirección seguen estando, na súa meirande parte, ocupados por homes. Esta é unha das conclusións que se extraeron da terceira sesión de ‘Ciencia en feminino’, un ciclo de conferencias en liña organizadas por Gciencia e a Deputación de Pontevedra que pretende dar voz ás científicas galegas e as súas experiencias. Nesta mesa redonda participaron Raquel Lama, bióloga que pasou polo Instituto Nacional para a Investigación Agronómica (INRAE) en Francia; Cristina Lazcano, profesora e investigadora en cambio climático na Universidade de California Davis; e Carmen Figueras, investigadora no Instituto Francis Crick, en Londres, sobre o virus da gripe. Neste encontro, as expertas falan sobre as diferenzas no eido investigador fóra de Galicia. Os futuros contratos ou becas esíxenlles unha residencia no estranxeiro, coma se o traballo en Galicia ou na península non fose suficiente. “A presión que hai en España por investigar non a hai noutros países”, apunta Figueras.

Hai boas intencións nos centros de investigación nos que estudan estas galegas no referente á perspectiva de xénero, pero non é suficiente. A bióloga Raquel Lama apuntou no relatorio que na actualidade observa máis implicación feminista por parte do alumnado co que traballa que por aquelas persoas que ocupan postos de liderado, tanto en centros galegos como no francés polo que pasou. A investigación é unha carreira incerta por cuestións como a conciliación, onde as galegas observan unha gran pedra no camiño para poder continuar traballando nas súas ramas. “Hai moita xente que consegue ter unha familia e continuar cun nivel moi alto na investigación, pero require moitísimo sacrificio”, apunta Lama. Lazcano, pola súa banda, considerou que en California, se consegues un traballo estable, é posible conxugar a conciliación sendo científica, pero explicou tamén que non existe o descanso real. “A cultura da produtividade é tal que a xente non toma descansos, existe toxicidade na produción”, explica.

Publicidade

Sobre a “toxicidade” en ciencia e desde Londres, Carmen explica que é necesario mudar a cultura da publicación. “No meu centro, a calquera hora da noite, hai unha morea de xente traballando. E ao final hai un banco enorme de datos que nunca van ver a luz do Sol só porque á institución privada non lle é rentable”. Loitar por unha profesión máis respectuosa coa vida persoal e o tempo libre é un obxectivo para elas, e cren que iso só será posible grazas á sororidade e a axuda das súas compañeiras e das súas nais, que para elas son indispensables e grandes referentes. Apenas lles ensinaron científicas de referencia nas escolas e universidades máis aló de Marie Curie e, dende o estranxeiro e o seu traballo diario, confían en que isto mude.

Begoña Vila

O ciclo Ciencia en feminino continuará o vindeiro 11 de abril coa conversa coa astrofísica viguesa Begoña Vila, especializada no estudo de galaxias espirais que traballa actualmente na NASA. É unha das responsables do telescopio espacial James Webb, un instrumento que está cambiando a maneira na que se observa o universo grazas á súa tecnoloxía de infravermellos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano