EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Científicas no estranxeiro

As galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países

Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, arrinca a súa nova edición. Composto por catro actividades que se desenvolverán ao longo da segunda quincena de marzo e a primeira de abril, a sesión inaugural versa sobre as vocacións científicas e como se manteñen ao longo do tempo pese aos obstáculos que as mulleres seguen a ter na ciencia. 

Nesta terceira sesión abordamos a ciencia no estranxeiro con Raquel Lama, que investigou no grupo de Viroloxía Molecular de Peixes no Instituto Nacional para a Investigación Agronómica (INRAE) en Francia e traballaba na actualidade na USC cun contrato Juan de la Cierva; Cristina Lazcano, doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo (UVigo) e actualmente profesora de Solos e Nutrición Vexetal na Universidade de California Davis; e Carmen Figueras, investigadora en Londres no Instituto Francis Crick sobre o virus da gripe. O obxectivo desta mesa redonda é realizar unha comparación sobre as diferenzas na investigación entre os países onde traballan ou traballaron as invitadas co panorama galego, abordar o fomento da igualdade de xénero nos seus centros así como o lugar que ocupa a concilicación. Canto de grande é o teito de cristal aí fóra? Como se pode promover a igualdade en ciencia? Estas preguntas son respondidas trala intervención, como é habitual neste ciclo, da deputada de igualdade, Sandra Bastos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Aos seis anos, a presión cultural xa fai efecto e as nenas deixan de verse capaces de calquera cousa”

A enxeñeira Soledad Torres Guijarro participou xunto á bióloga Iria Gómez Touriño e á enfermeira Ainara Díaz Geada na última sesión de Ciencia en feminino
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

Elena Vázquez Abal: “Debemos crear referentes científicas actuais para as novas xeracións”

A matemática galega lidera iniciativas internacionais e impulsa a igualdade nas ciencias dende a súa experiencia académica e persoal
00:37:33

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Elena Vázquez Abal

A matemática recibiu o Premio de Divulgación Científica 2024 por unanimidade pola súa carreira investigadora e docente