EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Begoña Vila

A astrofísica viguesa traballa actualmente na NASA e conta a súa experiencia como muller científica nun campo tradicionalmente masculinizado

Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, estrea o seu cuarto e último capítulo da tempada. A protagonista deste novo episodio é a astrofísica viguesa Begoña Vila que traballa actualmente na NASA e forma parte do grupo de traballo do telescopio James Webb, que está afacer historia no eido da astronomía. Falamos con ela sobre a súa vocación, a súa experiencia na NASA e a súa carreira profesional nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

Begoña Vila pecha a edición 2024 de Ciencia en feminino, que pretende dar voz ás mulleres de ciencia co gallo do 8M. A primeira mesa redonda, celebrada o 14 de marzo, abordou a importancia das vocacións científicas da man das investigadoras Alicia L. Bruzos, Blanca Moncunill Solé e Uxía García Luis. A segunda sesión, que se desenvolveu o 21 de marzo, tivo como protagonista a Catalina Fernández de Ana Portela, CEO de Hifas da Terra. A terceira actividade, centrada nas dificultades de investigar no estranxeiro e celebrada o 4 de abril, contou coas científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027