Confirmado: o mes pasado foi o outubro máis cálido dende que hai rexistro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de confirmar que o mes pasado foi o outubro máis quente, cunha temperatura media de 18 ºC

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de confirmar que o mes pasado foi o outubro máis cálido da serie histórica no Estado español, cuxo arrinque tivo lugar en 1961. O GCiencia xa viu cubrindo estas anomalía climáticas durante o pasado mes e, agora, o máximo órgano meteorolóxico español acaba de confirmar os peores augurios. Foi o outubro máis cálido, cunha temperatura media de 18 ºC. Tratouse do mes (non só outubro, senón de todo o ano) máis anomalamente cálido de toda serie, pois superou en 3,6 ºC a media normal. Incluso dez meses de verán desde 1961 (todos xuño) foron máis fríos.

Meses na serie histórica que tiveron unha temperatura 3 ºC superior á media normal | AEMET

“É moi pouco habitual que un mes teña unha temperatura 3 ºC superior á media normal. Esa cifra só se alcanzou, ou superou, en sete meses desde 1961, de 730 contabilizados. Catro destes meses son do últimos cinco anos e medio”, argumentan dende os servizos de comunicación da AEMET. Tamén o ano 2022 é, ata o momento, o máis cálido da serie histórica. A súa temperatura media entre xaneiro e outubro foi de 16,4 ºC. É un valor 1,6 ºC superior á media normal. Supera por 0,3 ºC a 2017 e por 0,6 ºC a 2020.

Publicidade

Outubro, ademais de extremadamente cálido, foi seco: as precipitacións apenas superaron as dúas terzas partes do normal. Así, tratouse do cuarto outubro menos chuvioso do século XXI. Persiste no noso país a seca meteorolóxica que nos acompaña desde o pasado inverno. E é que o outono non está a ser excesivamente xeneroso en choivas. As choivas acumuladas entre setembro e outubro están un 27 % por baixo do normal para estes dous meses. De feito, o ano 2022 está a ser moi seco. Levamos acumulados 355 l/m² (un 26 % menos do normal). Trátase, entre xaneiro e outubro, do cuarto ano natural con menos precipitacións desde o inicio da serie, en 1961. Só foron máis secos 1995, 2005 e 1983

Polo tanto, estamos ante o ano máis cálido e o cuarto máis seco da serie (xaneiro a outubro). Pero máis aló do dato puntual, é importante a tendencia:

Publicidade

  • Sete do dez anos máis cálidos ocorreron desde 2011
  • Cinco do dez anos máis secos tiveron lugar desde 2009

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica