Europa bate o récord de temperatura máxima rexistrada xamais en outubro

Este martes, Galicia quedará baixo a influencia dun anticiclón aínda que o extremo dunha fronte pouco activa rozará o norte con algúns chuvascos

A anomalía permanente. Esa podería ser a frase que resumise o testemuño dos e das profesionais da meteoroloxía ante os xiros forzosos que o clima vén dando dende finais do século pasado. Este ano 2022 segue un vierio cada vez máis abrupto. Remata outubro coa certeza de terse convertido nun mes inusual na serie histórica das temperaturas máximas tanto para Galicia como para España e Europa. Segundo o balance mensual de datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, tódolos días do mes, agás o un, os valores de temperatura máxima superaron a media no Estado español e, na maior parte deles, por moito.

“Todos os días de outubro foron máis cálidos do normal, salvo o primeiro. Pero o día 27 levou a palma: nunca, desde que temos rexistros, houbo un 27 de outubro tan cálido como ese”, lembran dende a AEMET. O 26 de outubro tamén foi marca cálida para esa data, pero é que o 27 de outubro de 2022 foi o sexto día máis cálido rexistrado en outubro. De 2229 días de outubro analizados polos servizos meteorolóxicos, só cinco foron máis cálidos, e todos na primeira quincena e nos últimos 13 anos. Aínda que as temperaturas dos últimos días son extraordinariamente altas tanto de día como de noite en todo a Península Ibérica, é especialmente no caso das mínimas onde a anomalía déixase sentir con forza: a madrugada do día 27 de outubro foi propia de comezos do mes de xullo.

Publicidade

Análise da AEMET sobre récords de temperatura

“En 2022 levamos xa 27 marcas de días cálidos, fronte a dous de días fríos. Practicamente todo un mes alcanzáronse temperaturas sen precedentes, cando nun clima sen alterar espéranse cinco días para todo o ano”, argumentan nun comunicado dende a AEMET. En canto ás choivas, o semestre maio-outubro de 2022 é, provisionalmente a falta do peche da xornada deste luns, o segundo máis seco da serie histórica. A pesar das choivas asociadas ás borrascas Armand, Béatrice e Claudio, outubro acabará tamén con menos choivas do normal no conxunto de España.

Próximos días trala ponte

Este martes, Galicia empezará a quedar baixo a influencia do anticiclón aínda que o extremo dunha fronte pouco activa rozará o norte con algúns chuvascos no norte. Acadaranse temperaturas mínimas no cuadrante sueste e máximas na metade oriental. O vento será suroeste zoando con máis forza no norte do país durante a mañá.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga

Que tempo fará o día da eclipse? Así apuntan as primeiras previsións para o 12 de agosto en Galicia

Os modelos apuntan a ceos maioritariamente despexados, aínda que nubosidade segue a ser a grande incógnita, cunha fiabilidade aínda limitada