Galicia porá en marcha en 2023 un centro para elaborar fármacos contra o cancro

A Xunta confirma un investimento inicial de 2,5 millóns de euros para un organismo que tamén fomentará a atención personalizada

Galicia inaugurará en 2023 un centro de fabricación de terapias avanzadas (CAR-T) para elaborar novos fármacos contra o cancro e fomentar a atención personalizada dos pacientes. Asi o anunciou este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen tamén confirmou que o centro conta cun investimento inicial de 2,5 millóns de euros.

Na presentación da Estratexia de xestión do cancro en Galicia para os vindeiros seis anos (2022-2028), no Hospital Lucus Augusti de Lugo, Rueda destacou que a idea do centro xa se comezara a xestar en 2021 e que este ano xa se contrataron as obras e os equipamentos necesarios. Agora, os orzamentos de 2023 recollen o financiamento das prazas de persoal para que o centro poida entrar en funcionamento o vindeiro ano.

Publicidade

Amais deste proxecto, tamén se construirá en Santiago de Compostela un centro de protonterapia –unha técnica menos invasiva na loita contra os tumores– que fai que Galicia aspire a ser pioneira en ofrecelo a pacientes da sanidade pública, tanto aos galegos como aos de Castela e León e, previsiblemente, os de Asturias. Ata o de agora só hai dous hospitais privados en toda España que dispoñan deste tratamento. Rueda anunciou que este centro contará cunha partida de 10 millóns de euros para iniciar a obra e de 28,5 millóns ata 2025.

Detección precoz

O presidente da Xunta afirmou que a meta que se persegue é “lograr que cada vez menos galegos enfermen de cancro e os que enfermen, aumentar a súa curación, a súa atención e a calidade de vida dos enfermos e das súas familias”. Para acadalo, puxo en valor os tres piares da Estratexia de xestión do cancro de Galicia, como son a prevención, a mellora asistencial dos pacientes e a aposta polo futuro e innovación, como se está facendo cos avances antes mencionados.

Publicidade

No capítulo da prevención, búscase controlar os factores de risco, incidir no diagnóstico precoz e afondar nos estilos de vida saudables. “Un diagnóstico precoz é, moitas veces, sinónimo dunha vida salvada”, indicou o presidente. Destacou, ademais, que a prevención verase reforzada coa creación do Observatorio de Saúde Pública de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca