Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica

Os “veráns de sempre” están a cambiar en Galicia: a tendencia de temperatura está a subir, sobre todo no interior da comunidade e, en menor medida, na costa, cunha influencia baixa da calor nas Rías Baixas. Isto é o que amosa o gráfico publicado polo meteorólogo Benito Fuentes no seu perfil de X, onde demostra a evolución da estación estival durante o período 1940-2026. Pero os datos chaman especialmente a atención ao observar unha suba desigual nas estacións: “O quecemento é maior no inverno que no verán; Galicia e Murcia son as únicas zonas da península onde está a ocorrer”. Os datos dos gráficos proveñen do ERA5 do programa europeo de Copernicus, cunha actualización practicamente diaria.

Así, o meteorólogo explica que, se as temperaturas no inverno están a subir máis que no verán, quere dicir que o clima é menos extremo, pois a diferenza entre ambas as estacións é menor. “En xeral, en España, as temperaturas estanse a extremar cada vez máis; en Galicia sucede o contrario”. Isto non significa que os valores sexan máis suaves, senón que en inverno suben máis rápido que no verán, o que provoca unha tendencia máis compacta e reduce a distancia térmica.

Publicidade

Cuestión de perspectiva

Non obstante, Benito Fuentes explica que os datos son cuestión de perspectiva, xa que todo depende dos anos que se tomen como referencia nos gráficos. Por exemplo, se se emprega como base o período 1991-2020, obsérvase que os primeiros anos da serie histórica —dende 1940— teñen tonos azuis —máis fríos—, mentres que os últimos rexistrados están en vermello. Así, conforme avanza o tempo, predominan os veráns calurosos respecto do estándar actual —arredor dos 25ºC nas Rías Baixas, 30ºC no interior de Ourense e 20ºC na costa norte—. Con todo, cunha referencia entre 1951 e 1980, os veráns da actualidade son máis de 3ºC máis cálidos, porque os meses de xullo e agosto durante esa etapa eran moito máis fríos.

E como serán no futuro? “Estou seguro de que o cómputo dos vindeiros 30 anos será máis cálido aínda; os veráns de agora pintarémolos de azul porque, para entón, serán terribles”, subliña Benito Fuentes. Deste xeito, conclúe que “os veráns de toda a vida son, en realidade, os veráns de toda a túa vida“.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro