Venres 26 Abril 2024

Queres saber cal é a flora que predomina no teu concello? Contámoscho aquí

O proxecto de ciencia cidadá Pl@ntNet permite acceder á biodiversidade vexetal existente en cada zona do planeta a través do uso de imaxes

O rápido desenvolvemento da intelixencia artificial e o emprego dos algoritmos están facilitando o acceso da cidadanía á información. Así, aplicacións como Pl@ntNet, válense deste sistema para predicir listaxes de especies vexetais que poden atoparse nas diferentes zonas do planeta. Trátase dunha ferramenta que, a partir dun rexistro persoal, permite identificar as plantas a través de imaxes organizadas en flora de diferente temática e área xeográfica. Neste sentido, ofrécese aos usuarios unha recompilación, anotación e recuperación de imaxes que axudan á identificación de plantas, cun servizo personalizado ao ofrecer múltiples idiomas nos que navegar, entre o que destaca o galego.

O proxecto, financiado pola Fundación Agropolis, conta cun sistema que emprega o servizo ‘AI-GeoSpecies’, desenvolvido polo equipo desta app, no marco da Nube de Investigación Europea que se basea en algoritmos de intelixencia artificial.

Publicidade

Uso da aplicación

A través dun mapa virtual interactivo, cada usuario pode escoller a zona que desexa analizar para o estudo das plantas inserindo a dirección da área que desexe. Unha vez detectadas as especies que conviven na zona, tamén se sinala a cantidade de exemplares, se é que os hai, mediante o sistema de Interface de Programación de Aplicacións do Sistema Global de Información sobre Biodiversidade. Deste modo, pode comprobarse como plantas como a hedra, o lourentino ou a aciñeira son das que máis priman no municipio de Ponte Caldelas.

Así mesmo, grazas a existencia de imaxes nunha base de datos botánica, a aplicación emprega un sistema que permite identificar, automaticamente, as plantas a partir da captura de imaxes mediante a cámara, que se comparan coas almacenadas. Desta forma, os resultados empréganse para obter o nome botánico da planta, sempre que se atope suficientemente ilustrada na base. A aplicación dispón de máis de 3.700 especies, unha listaxe que, ademais, está dispoñible nun amplo catálogo denominado ‘Flora Mundial’, pero que pode chegar a concretarse máis en función das características e dos intereses.

Colaboración cidadá

Este proxecto científico sobre a biodiversidade vexetal dispón de colaboración cidadá. Isto quere dicir que calquera persoa pode achegar fotografías que, antes de facerse públicas, son sometidas a un proceso de moderación e validación. Desta forma, se un suxeito identifica correctamente unha especie, pode participar no proxecto transmitindo a súa observación a través do apartado de “contribución”. Neste sentido, o nome de especies procesadas e o nome das imaxes empregadas evoluciona a medida que se incrementan as contribucións ao proxecto. Non obstante, todo aquel que desexe colaborar, ten que ter en conta que as imaxes deben centrarse nunha parte concreta da planta, de maneira que aquelas que presenten fondo uniforme sempre poden ter mellores resultados.

Para seguir indagando, Pl@netNet conta con perfís nas redes sociais: Instagram, Twitter e Facebook. Con todo, se tes curiosidade sobre que especies vexetais abundan na túa zona, ou ben che gustaría contribuír ao enriquecemento deste proxecto, preme aquí para ter acceso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo modelo de IA afina o diagnóstico e o tratamento das arritmias cardíacas

Un equipo de Barcelona deseña un método que permite fixar con exactitude o lugar de orixe desta afección do corazón

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Máis alá dos videoxogos: o uso das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxas e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA