Pódcast | Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da intelixencia artificial

O teu reloxo intelixente marca cantos pasos das ao día, cantas horas dormes e se estás ou non estresada en función da túa frecuencia cardíaca. Pero estes datos, que aparentemente son de uso persoal, poden servir para a ciencia. É dicir, para monitorizar a saúde da poboación, mellorar a prevención e, tamén, o diagnóstico precoz. Isto é unha das liñas que investiga Patricia Concheiro no CITIC, unha das protagonistas do sétimo episodio de O Descodificador. Xunto ao seu compañeiro Diego Álvarez, enfocado na medicina do sono, abordaremos as aplicacións biomédicas da intelixencia artificial e como todas estas ferramentas e dispositivos wearables que usamos no noso día a día poden mellorar a calidade de vida da cidadanía.


Episodio realizado por Laura Filloy

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Un proxecto da UDC propón un kit impreso en 3D para previr lesións asociadas ao uso do teclado e do rato

Doralys Torriente Aguilar deseñou unha solución ergonómica para exercitar e fortalecer as mans, os pulsos e os antebrazos mediante seis exercicios

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López