Pódcast | Máis alá dos videoxogos: o uso científico das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxes e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Falar de imaxes 3D lembra instantaneamente ao cine e aos videoxogos. Pero máis alá do lecer, este tipo de ilustracións tamén teñen usos científicos en practicamente todos os eidos imaxinables. A xeración sintética de imaxes por ordenador é moi importante na medicina, na educación e na arquitectura, por mencionar tan só algunhas áreas. Na meirande parte dos casos, serven como base para a mellora da vida das persoas. Por exemplo, para facilitar o deseño dunha estrutura e para entender mellor a anatomía humana. Precisamente, a xeración sintética de imaxes por ordenador é no que está especializado o investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián, protagonista do oitavo episodio de O Descodificador. Este capítulo do pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, que chega á fin da súa primeira temporada, centrarase nos usos científicos das imaxes creadas con intelixencia artificial.

Máis alá de abordar as vantaxes e inconvenientes de usar este tipo de tecnoloxía para a creación de ilustracións, Iglesias Guitián explica en O Descodificador os dous proxectos nos que está inmerso. O primeiro deles, CINEM3D, busca xerar imaxes médicas máis realistas a partir de probas diagnósticas como as tomografías e as resonancias magnéticas. Entre os usos que salienta o investigador do CITIC está un mellor estudo da anatomía por parte dos estudantes e dos profesionais da medicina, así como unha explicación previa á cirurxía máis comprensible para o paciente. O segundo proxecto, URBANSYN, está centrado na condución autónoma e máis especificamente na recreación de mundos virtuais onde non se poñan en perigo as vidas humanas.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación