Pódcast | Intelixencia artificial contra os discursos de odio

Os investigadores do CITIC Paloma Piot e David Otero participan no novo episodio de O Descodificador

Imaxina unha intelixencia artificial capaz de filtrar axeitadamente os discursos de odio en redes sociais. Iso é o que debuxan a futuro os investigadores Paloma Piot e David Otero, membros do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC). Con esta premisa, lanzaron o proxecto de divulgación IA contra o odio, unha iniciativa coa que participan en feiras científicas de Galicia para concienciar sobre o uso da intelixencia artificial, das redes sociais e previr os discursos de odio que proliferan nas contornas dixitais. Piot e Otero afondan no seu proxecto no novo episodio de O Descodificador, o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC.

IA contra o odio está dirixido tanto a público adulto como infantil, con actividades adaptadas a cada un deles. “Cos nenos facemos un xogo con cartóns. Todo se amolda para que o cativo, de forma segura, poida entender que significan as mensaxes de odio. Así, ensinámoslles os distintos pasos que seguimos para adestrar as intelixencias artificiais e como funciona este procedemento”, sinala Piot, quen centrou a súa tese de doutoramento nos discursos de odio. “Esperamos seguir divulgando. Creo que é moi positivo para que os cativos sexan conscientes desta realidade. É un dos públicos con máis risco de sufrir este tipo de mensaxes”, apunta Otero.

Publicidade

O novo episodio de O Descodificador aborda, tamén, que se entende por “discurso de odio” e como as intelixencias artificiais aprenden a distinguilos doutros recursos, como as ironías e o humor. Os investigadores poñen diversos exemplos, como as mensaxes de odio en contornas deportivas ou contra a inmigración, e reflexionan sobre as políticas de moderación das grandes empresas tecnolóxicas, como Meta. Así mesmo, abordan a importancia de xerar recursos lingüísticos en galego que servan para, nun futuro, crear unha intelixencia artificial que realmente modere, filtre e module correctamente os discursos e as mensaxes de odio.


  • Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser
  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).
Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López