Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos nove anos

No que atinxe ás temperaturas, no que levamos de ano non houbo ningún mes frío e soamente os de marzo, abril e xuño se poden considerar normais

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos nove anos e a Xunta avanza que as perspectivas meteorolóxicas de cara a combater a situación de seca son boas. Nesa liña, logo de explicar que a precipitación media acumulada en outubro foi de 226 l/m3 ¾un 37% superior ao valor climático normal¾, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, incidiu en que, desde o punto de vista climatolóxico, novembro é o segundo mes máis chuvioso do ano, soamente superado por decembro, polo que, de cumprirse a previsión de normalidade, as chuvias serán bastantes cuantiosas nestas semanas.

No que atinxe ás temperaturas, durante o pasado mes de outubro estiveron 3º C por riba da media climática 1981-2010 ¾17,5ºC fronte a 14,5ºC¾. Esta situación débese a que a anomalía positiva da primeira quincena non puido ser revertida na segunda, xa que os episodios de chuvia chegaron con ventos de compoñente sur que mantiveron os termómetros en valores moi suaves.

Publicidade

Actividades educativas en Meteogalicia

Durante a súa visita ás instalacións de Meteogalicia, a conselleira coincidiu cun grupo de alumnos do CEIP Camiño de Santiago do Concello do Pino que participan nunha das actividades formativas que organiza a entidade, que prevé superar os 1.500 participantes ao remate do ano.

Nesa liña, Vázquez puxo en valor “o traballo excepcional” que realiza Meteogalicia tanto para achegar a información meteorolóxica á cidadanía e afianzar a súa función de servizo público como para divulgar os coñecementos necesarios para a comprensión de cuestións relacionadas coa meteoroloxía e o clima. Un esforzo que contribúe á vez a proxectar o seu traballo a nivel nacional e europeo, onde xa está considerada unha das axencias máis importantes e punteiras dentro do seu campo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona