Este domingo arrinca un novo cumio do clima: estas son as claves para entendelo

No medio dunha crise enerxética, económica e xeopolítica, o COP27 arrincará en Exipto o 6 de novembro co reto de pór en primeiro plano a loita climática

Protestas en Glasgow durante o COP do ano pasado. Este ano están prohibidas | Francis McKee
Protestas en Glasgow durante o COP do ano pasado. Este ano están prohibidas | Francis McKee

Crise enerxética, económica e xeopolítica e aínda en pandemia. Velaí o contexto no que este domingo 6 de novembro arrinca en Exipto o Cumio polo Clima. A 27ª conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático que se levará a cabo do 6 ao 18 de novembro de 2022 na cidade exicpsia de Sharm El Sheikh. Representantes gubernamentais da inmensa maioría dos Estados do planeta e expertos de tódalas materias científicas asociadas ao medioambiente daranse cita durante unha reunión da que se espera saian acordos clave para reverter os efectos do cambio climático.

Que é un COP?

COP son as siglas en inglés de Conferencia das Partes das Nacións Unidas sobre o Clima. Esta conferencia é o órgano de decisión da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC). A convención foi adoptada en Nova York en 1992, entrou en vigor en 1994 e ratificárona 198 partes (197 Estados e a Unión Europea). O número 27 desta COP significa que é a vixésimo sétima reunión desta conferencia. A primeira tivo lugar en Berlín en 1995.

As COP celébranse anualmente agás en 2020, debido á pandemia, e nelas os países reúnense para tomar medidas co propósito de alcanzar os obxectivos climáticos acordados no marco do Acordo de París que se logrou na COP21 de París en 2015 e da CMNUCC.

Que obxectivos ten este cumio?

Os organizadores resumíronos en catro áreas:

  • Mitigación: o obxectivo é limitar o quecemento global moi por baixo de 2 ºC e manter o obxectivo de 1,5 ºC, como se fixou no Acordo de París. “Este ano debería ser testemuña da aplicación do chamamento feito no Pacto de Glasgow para revisar a ambición nas NDC (plans de acción climática dos países denominados)”, subliña a organización.
  • Adaptación: fixar un obxectivo global de adaptación foi un dos logros conseguidos na COP26, celebrada en Glasgow o ano pasado. “A COP27 debería ser testemuña dunha axenda global mellorada para a acción sobre a adaptación, confirmando o que acordamos en París e o que se elaborou no Pacto de Glasgow respecto de situar a adaptación na vangarda da acción global”, destacan os organizadores.
  • Financiamento: é unha cuestión transcendental en todas as COP e moi debatida, sobre todo para os países africanos, os pequenos arquipélagos e os países menos adiantados. “Os compromisos e promesas existentes, anunciados desde Copenhague e Cancún, pasando por París até chegar a Glasgow, requiren un seguimento para aclarar onde estamos e que máis hai que facer”, resume a organización. Segue sobre a mesa a promesa dos 100.000 millóns de dólares anuais feita na COP15 de Copenhague (2009) para que os países desenvolvidos apoien a acción climática nos países en desenvolvemento.
  • Colaboración: segundo a organización, os gobernos, o sector privado e a sociedade civil deben traballar conxuntamente para transformar a forma na que interactuamos co planeta. “Temos que converter o resultado de Glasgow en acción e comezar coa súa implementación”, urxen.

Cales son as materias pendentes de Glasgow?

Máis aló do acordado no Pacto de Glasgow, os expertos coinciden en que a COP26 acabou con poucos acordos importantes e moitas tarefas sen resolver. Fernando Valladares, investigador do CSIC experto nos impactos do cambio climático e da actividade humana nos ecosistemas, explica ao SMC España que a ambigüidade dos gobernos respecto de eliminar os subsidios aos combustibles fósiles é unha das cuestións crave que segue sen resolverse. “Os gobernos os subsidian e é unha auténtica contradición”, recalca.

Outra “pataca quente” son as axudas aos países máis pobres, dos máis afectados pola crise climática. “Sobre perdas e danos avanzouse moi pouco, non se desagregaron as axudas e non se entrou en compensar aos que máis perden”, lembra o investigador.

O artigo 6 do Acordo de París “coñecido como o do mercado de emisións” tamén foi un escollo nas negociacións. Valladares subliña que seguen pendentes os resultados tanxibles en termos de mitigación (os chamados créditos de carbono) e os mecanismos de desenvolvemento limpo, “que necesitan un sistema de crédito de referencia, algo herdado do Protocolo de Kioto e que habería que renovar e actualizar”. Nese mesmo artigo, seguen sen concretarse os mecanismos non comerciais para colaborar na mitigación, como serían os impostos ao carbono.

Por último, a pesar de existir os plans de acción climática dos países (as NDC), o que non chega a abordarse é unha mitigación xeral das emisións globais con algún tipo de mecanismo que o regule, segundo o científico.

Cal é a posición da Unión Europea na COP27?

O Consello Europeo aprobou o pasado 24 de outubro a súa folla de ruta de cara a este cumio. Os Estados membros destacan que a ambición mundial debe aumentar bastante para manter o obxectivo de 1,5°C ao seu alcance, en consonancia co Acordo de París. Segundo o Consello, as NDC e as súas actualizacións son insuficientes. “Todos os países deberían presentar obxectivos e políticas ambiciosos e as principais economías, en particular, deberían revisar e reforzar os seus NDC a tempo para a COP27“, destaca o documento.

O Consello destaca que en xuño de 2022 acordou a súa posición sobre o paquete Obxectivo 55, que permitirá á UE aplicar as súas NDC e reducir as súas emisións netas de gases de efecto invernadoiro en, polo menos, un 55% para 2030 en comparación cos niveis de 1990, e lograr a neutralidade climática como tope en 2050, aspirando a lograr emisións negativas a partir de entón.

O Consello fai un chamamento a todos os países para que aumenten o seu financiamento climático. Informa que a UE e os seus Estados membros son o maior contribuínte ao financiamento público internacional do clima e lembra o compromiso asumido de seguir aumentando o seu financiamento internacional para alcanzar o obxectivo dos países desenvolvidos de mobilizar polo menos 100.000 millóns de dólares ao ano canto antes e até 2025. O Consello espera que o obxectivo se cumpra en 2023.

Cales serán os principais escollos?

O financiamento e a descarbonización con medidas concretas por parte dos gobernos son dúas cuestións que centrarán as negociacións. Así o indicaba o pasado 25 de outubro en rolda de prensa Mohamed Nasr, director do Departamento de Medio Ambiente, Clima e Desenvolvemento Sustentable do Ministerio de Asuntos Exteriores de Exipto, que acolle o cume, como recolle EFE Verde.

“A nosa preocupación non está en se estamos a aspirar a non exceder os dous graos ou o grao e medio de quecemento?. O fundamental está en se, ademais de ter “bos plans e compromisos”, os países están a cumprir con eles e de que maneira, explicaba Nasr.

Pola súa banda António Guterres, secretario xeral da ONU, mostraba a súa preocupación polos poucos avances conseguidos en portas do próximo cume. “O caos climático avanza ao galope, a acción climática hase estancado”, afirmaba aos xornalistas en Nova York (EE. UU.). A COP27 é “a proba de lume” da seriedade coa que os gobernos se toman a crecente carga climática nos países máis vulnerables, segundo Guterres. “En todas as frontes climáticas, a única solución é a solidariedade e a acción decisiva“, engadiu.

A guerra de Ucraína supuxo aparcar a acción climática, segundo o máximo responsable da ONU, o que será un escollo nas negociacións. Esta situación xeopolítica e todas as súas consecuencias “tensa moito as cordas”, en palabras de Valladares, quen lembra como quedou en evidencia a dependencia dos países europeos aos combustibles fósiles.

O experto subliña que países importantes, como Reino Unido, anunciaron que non acudirán ao cume. “Iso xa fai que o nivel de compromiso das negociacións vaia a ser máis baixo”, indica. Tamén a prohibición para manifestarse en Exipto parece albiscar que a participación social neste cume vai ser moi baixa, como denunciaron colectivos de activistas.

Que países emiten máis gases de efecto invernadoiro?

Segundo datos do World Resources Institute, China, Estados Unidos e a Unión Europea emiten o 41,5% das emisións globais, mentres que os 100 últimos países só representan o 3,6%, con datos de decembro de 2020. En conxunto, os dez principais emisores representan máis de dous terzos destas emisións mundiais.

Como explica Nacións Unidas, “as concentracións de gases de efecto invernadoiro atópanse no seu nivel máis elevado en 2 millóns de anos. E as emisións seguen aumentando. Como resultado, a temperatura da Terra é agora 1,1 °C máis elevada que a finais do século XIX. A última década (2011-2020) foi a máis cálida rexistrada”.

Cales eran os obxectivos do Acordo de París?

Como contámosche na guía para informar sobre a crise climática, este acordo entrou en vigor en 2016. O seu obxectivo é limitar o quecemento mundial a moi por baixo de 2 ºC, preferiblemente a 1,5 ºC, en comparación cos niveis preindustriales.

No estudo do Grupo de Traballo I do IPCC de agosto de 2021 afírmase que “a menos que se produzan reducións inmediatas, rápidas e a gran escala das emisións de gases de efecto invernadoiro, a limitación do quecemento a 1,5 °C será inalcanzable”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.