Xoves 28 Marzo 2024

A creación de avatares virtuais favorece as relacións sociais dos menores con autismo

Escoller as cualidades dos avatares, como o xénero ou os intereses, pode aumentar a eficiencia dos recursos que ofrecen as ferramentas teconolóxicas

As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) sofren unha disfunción neurolóxica que se manifesta a través dunha serie de síntomas que dificultan a comunicación e, en especial, as interaccións sociais e afectivas. Este trastorno adoita diagnosticarse a idades prematuras, de modo que unha intervención na primeira etapa pode axudar a que os nenos e nenas con autismo poidan adquirir habilidades sociais que lles permitan acadar a madurez cunha inserción social adecuada. 

En concreto, as tecnoloxías da información e a comunicación, TIC, teñen demostrado a súa utilidade como ferramentas para os tratamentos terapéuticos de varios tipos de trastornos do neurodesenvolvemento, especialmente no caso de persoas con TEA, que teñen unha notable disposición e preferencia polo emprego de dispositivos tecnolóxicos. Non obstante, o autismo caracterízase pola diversidade e polas diferenzas moi marcadas entre as persoas que o sofren, incluso cando os trazos diagnósticos son similares. Polo tanto, aínda que as TIC supoñen unha oportunidade para o desenvolvemento de soportes terapéuticos, as solucións xeneralizadas non son efectivas e resulta preciso deseñar soportes personalizados. Consciente desta eiva, o investigador, Luis Fernando Guerrero, decidiu centrar a súa tese de doutoramento en amosar as vantaxes da xeración de soportes tecnolóxicos personalizados en función dos perfís dos usuarios, xa que axudan a xerar un sentimento de autoidentificación e de pertenza cara ás ferramentas, mellorando, en consecuencia, a eficiencia da intervención terapéutica.

Publicidade

Ecuador, punto de estudo

A tese, dirixida polos profesores Martín López Nores e Jack Fernando Bravo, levouse a cabo no marco do Programa de doutoramento internacional en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, DocTIC, do centro de investigación atlanTTic. O punto de partida foi o uso de trazos físicos, como o sexo ou a raza, e das características diagnósticas individuais de cada persoa con TEA para a personalización de interfaces de interacción baseadas en avatares. Ademais, Guerrero testou no contexto concreto da poboación de Ecuador a efectividade do uso destes avatares personalizados nas intervencións terapéuticas.

Como explica o investigador, “a primeira estratexia aséntase na inserción de trazos étnicos propios dos grupos humanos do lugar onde viven os participantes na terapia, mentres que a segunda baséase no uso de características diagnósticas propias do trastorno como son os denominados intereses restrinxidos, consistentes en fixacións, preocupacións ou fascinacións por temas específicos, con intensidade ou concentración anormal e un apego permanente”.

Para probar estas estratexias, Guerrero creou un conxunto de avatares con características dos principais grupos étnicos do Ecuador (mestizos, brancos e afroecuatorianos) e de ambos sexos. A súa vez, procurou que os trazos antropomórficos coincidisen cos dun neno ou nena de entre 9 e 10 anos e engadiu a posibilidade de modificar a vestimenta e o escenario. A ferramenta foi desenvolvida dende cero, apunta o investigador, e para facelo empregou como punto de partida “fotografías de nenos e nenas de diferentes grupos étnicos do país”. 

As claves da personalización

Unha vez deseñada a ferramenta, o investigador realizou a avaliación en dúas etapas. Na primeira, participaron 31 nenas e nenos neurotípicos, sen ningún tipo de trastorno ou discapacidade, que tiveron que elixir un avatar para manter unha interacción. “Os resultados indican que os rasgos étnicos non son un factor crítico” á hora de elixir un avatar, pero o xénero “é fundamental e debe coincidir co do participante para garantir unha interacción adecuada”, apunta.

Na segunda etapa, o investigador traballou cun grupo de control composto por 16 nenas e nenos neurotípicos de arredor de 10 anos, outro grupo de control de nenos con TEA cunha media de 5 anos e cun grupo experimental formado por unha nena e seis nenos cunha idade promedio de 6 anos. Co grupo experimental “avaliáronse os intereses restrinxidos, concretamente a vestimenta e o escenario dos avatares”. Empregando a observación directa, por parte dos terapeutas, e un sensor para a detección da dirección da mirada, determinouse que estes elementos “serven como motivadores para incentivar a interacción e enfocar a atención”. Ademais, o investigador tamén advertiu que mentres no grupo control “a atención diminuía conforme avanzaban as sesións terapéuticas”, no grupo experimental con avatares personalizados “a atención mantíñase constante”.

Para Luis Fernando Guerrero, estes resultados demostran que “a personalización baseada no xénero dos avatares e nos intereses restrinxidos permite incrementar a eficiencia dos recursos empregados na interacción social das persoas con TEA e poderían ser utilizados noutras solucións tecnolóxicas”. Neste sentido, engade que todo apunta “a que existe un longo percorrido por diante na investigación en aspectos de personalización de soportes para terapia do TEA como continuación deste traballo”.

1 comentario

  1. Hola.

    Soy autista (lo que antes llamaban Asperger) y además conozco bastante el tema por lecturas y charlas. Bien, lo que quiero decir es que no estoy de acuerdo con que sea un trastorno (como alteración de la salud) y mucho menos una disfunción (y que esto implicaría que hay una función que sería correcta y esta no lo es); en mi caso, el único problema es con otros humanos, por lo que es tanto mío como de los otros (aunque sean mayoría). Ese no ser como el promedio no lo consideramos una disfunción ni un trastorno.

    Sí una condición (en cuanto a rasgo o característica diferente), como se viene empleado últimamente en ámbitos anglosajones.

    Muchas gracias por vuestra labor, me encanta GCiencia (aunque no soy gallego,así practico idiomas ☺️).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas