Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

Como analizar o estado da microbiota intestinal a través da IA nunha poboación para medir a súa saúde e determinar o risco de futuras enfermidades. Este foi o obxectivo dos microbiólogos Sonia Pérez e Xurxo Cabrera, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). A través do proxecto BiomeXplore crearon un novo índice para calcular o benestar da microbiota intestinal a través de técnicas de intelixencia artificial. A idea é identificar zonas de actuación sanitaria preventiva, axudar no diagnóstico precoz e apoiar a toma de decisións no ámbito da saúde en Galicia.

O marcador, denominado índice poboacional de benestar de Microbiota Intestinal (IpbMI), obtense calculando a partir dunha predición de microbiota intestinal específica adaptada a unha poboación concreta e visualizándoa de forma agregada. Despois engadiranse aos datos do IpbMI capas adicionais de datos do exposoma; é dicir: do conxunto de factores non xenéticos e ambientais aos que unha persoa está exposta desde a xestación e ao longo da súa vida. Este concepto explica por que a contorna e o estilo de vida poden chegar a influír máis no desenvolvemento de enfermidades que a propia xenética. Pérez e Cabrera explicaron os resultados parciais do seu estudo no Congreso Mundial sobre Exposoma celebrado a finais de abril en Sitges (Barcelona).

Publicidade

Crear un observatorio poboacional

Calcúlase que o exposoma é responsable do 90% do risco de padecer enfermidades como diabetes, cancro ou enfermidades cardiovasculares. As variables exposómicas teñen en conta factores como a contaminación, pero tamén hábitos de vida, como a dieta, o consumo de tabaco ou a realización de exercicio físico, que poden ter un elevado impacto na nosa saúde.

Así, BiomeXplore nace co propósito de crear un observatorio poboacional do estado da microbiota intestinal (Biome4Health (B4H) que funcione como indicador de saúde dunha poboación concreta. Esta iniciativa nace da combinación da análise da microbiota xunto con información exposómica. O obxectivo é ofrecer coñecementos innovadores e de alto impacto en saúde, nutrición e benestar a nivel individual e poboacional, e que poidan ser útiles á hora a de crear programas de saúde para a poboación no seu conxunto.

Publicidade

Biome4Health estase a desenvolver por persoal bioinformático do IISGS baixo a supervisión dun experto en IA. A ferramenta inicial xerouse utilizando un modelo adestrado para establecer a relación entre o estado da microbiota intestinal e o risco de enfermidade. Nun futuro, B4H integrará datos de microbiota con variables exposómicas ambientais xeorreferenciadas e persoais de Galicia

BiomeXplore enmárcase dentro da iniciativa de Espazos Europeos de Datos e colabora ademais con outras dúas entidades galegas: o centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Hub de Innovación Dixital DATAlife.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade