A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

A Xunta de Galicia activa un protocolo de actuación ante os prognósticos dunha intrusión de masas de aire africano que incrementarían as concentracións de partículas PM10 e PM2,5 no territorio galego. De acordo cos modelos preditivos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, isto pode provocar que en determinadas zonas de Galicia —sobre todo nos concellos do norte da provincia de Lugo, da provincia de Pontevedra e do interior da provincia da Coruña para PM10 e nos concellos da provincia de Pontevedra e do norte de Galicia para PM2,5— a calidade do aire empeore, polo aumento das concentracións de partículas en suspensión, podendo producir efectos adversos na saúde humana.

Por este motivo, e para reducir o seu posible impacto na saúde, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recomenda, ata que este episodio finalice e, sobre todo, no caso da poboación sensible, limitar as actividades ao aire libre, como o exercicio intenso, pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios e usar máscaras e/ou gafas en exteriores.

Publicidade

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiovasculares, principalmente asma ou EPOC; as persoas maiores, nenos, nenas e embarazadas.

O tamaño das partículas

O tamaño das partículas (PM) determina o risco do po para a saúde. As que poden causar efectos nocivos na poboación son as PM10 de 10 micras ou menores, que producen síntomas como irritación nos ollos, nariz, boca e gorxa. As menores de 2,5 micras (PM2,5), ademais, teñen a capacidade de introducirse nos pulmóns e no torrente sanguíneo producindo, sobre todo, unha diminución da capacidade respiratoria o que provoca problemas respiratorios e agravamento das patoloxías crónicas, como o asma ou a EPOC.

Publicidade

Segundo o Índice de Calidade do Aire (ICA) establécense diferentes categorías: boa, favorable, regular, mala, moi mala e pésima. A partir dunha calidade de aire regular pode existir un risco moderado para os grupos máis susceptibles, mentres que se deben tomar certas precaucións na poboación xeral a partir dunha calidade do aire mala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite