Galicia crea o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo: un mapa interactivo sinala os bens da túa contorna

A iniciativa da Consellería do Mar e a UDC incorpora un visor en liña para explorar os máis de 1.400 rexistros catalogados

Nace o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e dos Espazos de Interese Cultural Marítimo (EICM), coñecidos como Áreas Nai. Trátase dun inventario exhaustivo e pioneiro, impulsado pola Consellería do Mar e a Universidade da Coruña, que cataloga 1.452 bens singulares, entre os que figuran antigas conserveiras, estaleiros ou cetarias. Ese é o resultado dun intenso traballo de campo dirixido polo doutor arquitecto Óscar Fuertes Dopico, que permitiu mapear máis de 24.000 quilómetros de litoral.

As Áreas Nai, ou Espazos de Interese Cultural Marítimo, son enclaves únicos da costa galega que lograron preservarse da urbanización masiva, mantendo intacta a súa esencia histórica e paisaxística. O proxecto identificou 28 destas áreas en Galicia, destacadas por constituír conxuntos patrimoniais vivos nos que aínda perdura a relación tradicional entre o mar e as comunidades marineras locais. Esta iniciativa, enmarcada no Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA), busca conservar, pór en valor e difundir de maneira integral a herdanza litoral de Galicia.

Publicidade

Un visor interactivo

Para garantir a difusión do coñecemento, a páxina web do proxecto incorpora un visor interactivo que permitirá á cidadanía explorar o Censo e as Áreas Nai dun xeito accesible. A ferramenta ofrece información xeorreferenciada sobre os bens inventariados e inclúe un espazo de participación activa, denominado Aportacións, destinado a recoller novas contribucións e ampliar o coñecemento colectivo arredor da identidade marítima. Este espazo permanecerá activo ata finais de 2026.

A través do visor pódese consultar patrimonio marítimo arquitectónico, etnolóxico e industrial, ademais das propias Áreas Nai. Entre os exemplos máis destacados, as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol concentran arredor dun cento de bens arquitectónicos, como a Capela de Santa Ana ou o Faro de Cabo Prioriño. Nas Rías Baixas sobresaen encaves como o Porto da Guarda, o embarcadoiro de Oia ou o espigón de Praia América, en Nigrán.

Publicidade

  • Capela de Santa Ana (Oleiros). Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.
  • Faro de Cabo Prioriño (Ferrol). Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.
  • Almacén de pescadores no Carril. Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.
  • Espigón de Praia América. Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.
  • Secadoiro de polbo do Touro (Ribeira). Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.
  • Poboado marinero no Portelo (Burela). Imaxe extraída do visor do Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble.

No ámbito do patrimonio etnográfico destaca especialmente a Ría de Arousa, onde se localizan espazos como o almacén de pescadores no Carril, a fábrica de salga do Italiano (A Pobra do Caramiñal), o secadoiro de polbo do Touro (Ribeira) ou o Muíño de vento da Illa de Arousa. Pola súa banda, entre os principais referentes do patrimonio industrial figuran o estaleiro de Cándido Correa en Santa Marta (Baiona), a conserveira do Francés (Fisterra) ou o poboado mariñeiro situado no Portelo (Burela). Todos estes lugares conforman unha herdanza cultural galega nacida da súa histórica relación co mar.


Podes consultar o Censo do Patrimonio Marítimo de Galicia na seguinte ligazón.

1 comentario

  1. Moito censo e ningunha actuación sobre ese patrimonio en ruínas: o de sempre, cRueda de Vil, inePPto e incomPPetente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes