Os ventos do suroeste arrastran unha nova masa de po africano a Galicia

A chegada dunha fronte asociada á borrasca Karlotta limpará o aire e evitará que o episodio se prolongue máis dun día

Unha masa de po africano, arrastrada pola circulación dos ventos do suroeste, chega a Galicia. Tan só afectará o territorio galego este mércores porque o xoves entrará unha fronte asociada á borrasca Karlotta que limpará o aire de calixe. Segundo o Servizo de Monitorización Atmosférica (CAMS) de Copernicus, o po sahariano chegará a Galicia a Portugal en “altas concentracións” para desprazarse a partir do xoves a Francia. Esta previsión confírmaa Meteogalicia, dende onde agardan que os niveis de partículas (PM) se vexan incrementados este mércores pola masa de po sahariano.

“Cando se aproxima unha fronte a Galicia intensifícase a circulación de ventos do suroeste e chega a nós este aire con calixe, con po sahariano, que estaba sobre Canarias e sobre o norte de África”, explica o investigador Carlos Otero dende Meteogalicia. Esta masa de aire africano afectará a Galicia tan só unhas horas porque a chegada dunha fronte moi activa asociada á borrasca Karlotta limpará a atmosfera. “Unha vez pase a fronte teremos ventos do noroeste de cara á fin de semana. As temperaturas van baixar de forma moi significativa a partir do sábado e a cota de neve baixará aos 700-800 metros. É dicir, chega aire frío a Galicia doutras zonas, e chega máis limpo”, matiza o meteorólogo.

Publicidade

De todos modos, o experto indica que esta chegada de po sahariano non é un fenómeno excepcional nin inusual, senón algo que acontece “con bastante frecuencia” antes da chegada dunha fronte, precisamente, por esa intensificación dos ventos do suroeste que arrastran ata Galicia o aire do norte de África. O po sahariano ten impacto sobre a calidade do aire, que este mércores é catalogada como “mala” por Meteogalicia en tres estacións: unha ao sur de Lugo e dúas ao oeste de Ourense. Dende Meteogalicia asocian estes valores coa chegada de po africano pero non descartan que haxa outros motivos polos que haxa unha mala calidade do aire nestas estacións.

O po africano chega a Galicia tan só unha semana despois da irrupción doutra masa sahariana que comprometeu a calidade do aire en todo o territorio galego. Malia que non foi un episodio moi intenso, as autoridades recomendaron que os sectores máis vulnerables da poboación extremasen as precaucións. É dicir, as persoas con alerxias poderían ver agravada a súa doenza coa inhalación de po. De igual modo, as persoas que teñen enfermidades cardiovasculares tamén se poden verse afectadas pola calixe. Por iso dende Meteogalicia se recomenda o uso de máscara nestes sectores da poboación e evitar actividades ao aire libre.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Un estudo de Copernicus alerta do elevado nivel de ozono troposférico no litoral galego

Vén de publicarse o novidoso informe 'Atmosphere Watch' que analiza a contaminación mundial e mide o impacto dos grandes lumes

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia