Unha masa de po africano chega a Galicia: estas son as consecuencias

A calixe provoca un empeoramento da calidade do aire en todo país. Os efectos das partículas en suspensións prolongaranse ata mediados de semana

Unha masiva irrupción de po africano está a afectar a amplas zonas, desde Escandinavia ata o Atlántico Tropical. Ademais, a calixe estase a dirixir cara a América do Sur, pasando por Canarias, onde os índices da calidade do aire son malos. Dende o departamento de calidade do aire de Meteogalicia confirman que a calixe tamén chegou a Galicia. Os seus efectos estiveron presentes durante toda a fin de semana e prolongaranse ata o mércores. Isto fará que a calidade do aire sexa entre regular e mala, cuns índices de partículas de po en suspensión no aire de entre 20 e 50 miligramos por metro cúbico. Estes valores non son extremos, e “nada comparables ao episodio vivido en 2022”, confirma Nuria Gallego, investigadora do departamento.

Esta situación está provocada pola presenza dun anticiclón de bloqueo que será intenso, extenso e profundo, xa que ocupará unha gran porción da troposfera. Nestas condicións, os ceos estarán maioritariamente despexados, as temperaturas serán máis altas do normal para esta época do ano chegando a valores de máis de 20 graos. Adicionalmente, a ausencia de precipitacións será outro elemento clave nesta situación. Esta combinación de factores fai que o po africano sexa arrincado do chan e se interne sobre o Atlántico Norte, segundo explican nun artigo publicado no portal Meteored. A dispersión destas partículas de po é ampla, xa que se verán afectados millóns de quilómetros cadrados.

Publicidade

A Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) establece un código de cores para medir a calidade do aire. Neste senso, a situación actual para Galicia atópase nunha calidade de aire medida en cor vermella, o que implica unha calidade mala. Os valores non son extremos xa que aínda están por enriba a calidade moi mala e pésima. Con todo, iso non significa que non haxa sectores da poboación que teñan que extremar as precaucións. Persoas con alerxias poden ver agravada a súa enfermidade, explica Gallego. Ademais, unha consecuencia “non tan intuitiva” é que os doentes de enfermidades do corazón tamén se ven afectados pola calixe. É por iso que a estas persoas se lles recomenda extremar os coidados sanitarios e, na medida do posible, evitar actividades ao aire libre. Ademais, tamén é recomendable o uso da máscara.

Onde si que se verán uns efectos máis adversos desta situación será nas Illas Canarias, onde as temperaturas máximas superan os 25 graos e o material particulado fino asociado a este po fará que o índice nacional da calidade do aire estea a tomar valores desfavorables para a saúde humana.

Publicidade

As consecuencias do po africano

Aínda que as irrupcións de po teñen a súa parte positiva como é a subministración gratuíta de nutrientes para os ecosistemas mariños e terrestres; tamén teñen efectos climatolóxicos negativos. Estes son as condicións de calixe, a redución da visibilidade, as subidas térmicas e a sequidade ambiental.

A irrupción de po africano non é en si un axente climático senón que é unha consecuencia dunha situación climatolóxica, sinala Gallego. A longo prazo pódese crear unha situación de efecto invernadoiro xa que non hai circulación do aire, “o que levaría a un recocemento“, explica. Neste senso, destaca que os cambios no clima provocan unha maior incidencia deste tipo de acontecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas

Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores