Unha masa de aire procedente do nordeste de Europa traerá un episodio de frío intenso

No sur de Ourense está activado o aviso amarelo por minímas inferiores aos -4ºC e en Lugo tamén se esperan temperaturas baixo cero

A influencia das altas presións situadas ao norte da península ibérica están provocando a ausencia de chuvia e as baixas temperaturas. Sen ir máis lonxe, no sur de Ourense está activado o aviso amarelo por minímas inferiores aos -4ºC. Lonxe de que se produza un cambio de tendencia, o frío seguirá sendo protagonista de cara aos próximos días. Unha masa de aire continental procedente do nordeste de Europa traerá esta semana un episodio de frío intenso que provocará, de novo, un descenso dos termómetros. De feito, en Lugo en Ourense espéranse temperaturas baixo cero.

Este descenso, tanto das mínimas como das máximas, tamén provocará que se rexistre neve en cotas baixas. Segundo eltiempo.es, no norte peninsular espérase que baixe ata os 300 ou 400 metros, debido a esa masa de aire continental que chega dende o nordeste europeo. Dende Meteogalicia confirman que nos comezos desta semana haberá ceos pouco anubrados e producirase un descenso das máximas. Xa de cara ao venres 10 espérase que a masa de aire frío procedente de Europa diminúa aínda máis as temperaturas e poida provocar precipitacións que serán “pouco importantes”.

Publicidade

Esta masa de aire frío continental estará impulsada por unha pequena baixa no Mediterráneo, segundo continúan explicando dende Meteogalicia. Iso provocará que de cara a este martes se esperen ceos máis anubrados e maior inestabilidade na fin do día. As temperaturas continúan descendendo, sobre todo nos valores máximos, e espérase algún chuvasco illado en forma de neve en cotas arredor dos 700 metros. Un escenario que se manterá estable o mércores, coa influencia das altas presións no leste de Europa. Galicia continúará con tempo seco o mércores e o xoves, que se pode rexistrar algunha néboa matinal. De cara á fin de semana, o prognóstico é semellante, pero é preciso esperar ante a incerteza das previsións meteorolóxicas a tantos días vista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Unha masa de aire ártico afunde as temperaturas en Galicia na fin de semana

A circulación do vento do norte e unha fronte feble causarán chuvascos intermitentes entre venres e domingo, cando se comezará a recuperar a influencia anticiclónica

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período