O Xardín botánico de Padrón, novo destino Observer de Turismo Científico

O selo destaca as súas numerosas especies botánicas singulares e a organización de actividades periódicas para enxalzar a ciencia

O Xardín botánico-artístico de Padrón (A Coruña) únese á rede de destinos de turismo científico Observer. O espazo cumpre amplamente os requisitos esixidos pola certificación, posto que contén numerosas especies botánicas catalogadas como singulares e oferta visitas guiadas periodicamente. O xardín forma parte, ademais, do Roteiro da Camelia en Galicia.

O turismo científico é un tipo de turismo no cal os viaxeiros visitan lugares relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, xardíns botánicos como este de Padrón, parques temáticos de ciencias, museos de ciencias, observatorios e centros de investigación. O obxectivo, sempre, é aprender sobre a ciencia e a tecnoloxía de maneira divertida e educativa. Observer, que conta na actualidade con máis de 400 destinos en toda España, na súa maioría en Galicia, continúa, así, sumando espazos á súa oferta turística de destinos non só interesantes, senón sostibles.

Publicidade

Segundo explican desde Observer, hai varios aspectos importantes, á parte do patrimonio natural e cultural, a considerar á hora de valorar un bo destino de turismo científico. O seu contido educativo, a interactividade, a accesibilidade, o persoal capacitado e as instalacións son só algúns deles. Os destinos turísticos certificados por Observer ofertan habitualmente actividades como visitas guiadas, charlas de expertos, experimentos e oportunidades para ver e utilizar tecnoloxía de vangarda.

Posta en valor do patrimonio

Como explican desde a xerencia de Observer, trátase de poñer en valor a ciencia que hai detrás de moitos dos espazos turísticos que habitualmente se visitan. O noso país ten un patrimonio científico descoñecido polo gran público e que se atopa distribuído en numerosos equipamentos, museos e iniciativas populares. Coa concesión do certificado Observer ao Xardín botánico de Padrón preténdese contribuír e impulsar estas pequenas xoias locais para darlles máis visibilidade, tanto a ollos dos propios veciños, para que as valoren máis, como para atraer novos visitantes a estes, moitas veces, pouco coñecidos espazos.

Publicidade

O Xardín conta cun completo inventario de recursos botánicos, con total accesibilidade e transparencia desde a propia web, á que se pode acceder, ademais, desde diferentes puntos do xardín onde se atopan as especies botánicas singulares.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS da USC suma dúas axudas europeas para proxectos de investigación punteira

Julián Bergueiro e Sara Abalde-Cela serán os beneficiarios das Consolidator Grant, coas que o centro singular alcanza os 17 proxectos financiados polo ERC

A Mariña Lucense, primeiro destino galego en obter o selo Observer de Turismo Ornitolóxico

O recoñecemento avala a súa riqueza natural e o seu potencial como enclave de referencia para a observación de aves

A galega Observer certifica a Gran Ruta de Ecoturismo Científico en España

O distintivo avala o valor do roteiro como experiencia de turismo responsable, baseada na divulgación científica e na conservación da biodiversidade

Faro de Ons, a torre que salvou vidas

Está situado a 128 metros sobre o nivel do mar e data do ano 1926