Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual

A estrela RS Puppis está a uns 6.500 anos luz de distancia pero isto non é impedimento para vela en todo o seu esplendor e, sobre todo, para escoitala. Así o conseguiu o proxecto System Sounds da NASA, que forma parte dun proxecto de divulgación que mestura arte e ciencia. Escolleron unha imaxe desta espectacular estrela da Vía Láctea, tomada polo telescopio Hubble, e transcribiron a súa luz en son. Segundo explican no portal de noticias ScienceAlert, asignáronse un ton á dirección dende o centro da imaxe e volume ao brillo da luz.

Máis polo miúdo, RS Puppis é unha estrela cun brillo 15.000 veces maior que o do Sol. Cando o seu resplandor aumenta, envía un estalido de luz máis brillante cara ao po, posto que está rodeado deste tipo de material. Esta luz reflíctese no propio po, producindo un eco de luz. Isto, á súa vez, é o que fai que se formen rechamantes aneis prateados arredor do obxecto estelar.

Publicidade

Máis alá da utilidade divulgativa, converter datos visuais en auditivos fai que sexan máis accesibles para persoas con diferentes graos de discapacidade visual. Ademais, pode facilitar a comprensión de conceptos complexos a través de novas perspectivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo