Cantos meteoritos impactaron contra a Terra? Descúbreo neste mapa interactivo

A ferramenta da NASA recompila a información recollida polos seus sensores dende 1988 e actualízase periodicamente

O ceo da península ibérica iluminouse na madrugada do pasado domingo polo paso dun bólido extraordinariamente brillante que tinguiu a noite de azul. Este impresionante fenómeno púidose ver dende distintos puntos de Galicia. Segundo as pesquisas do Instituto de Astronomía de Andalucía (IAA-CSIC), o bólido impactou contra as capas máis altas da atmosfera a unha velocidade de 161.000 quilómetros por hora. Pese ao sorprendente do suceso, rexistrado ás 00.46 horas, este tipo de fenómenos non son tan excepcionais como parece. Así o demostra un mapa interactivo do Centro de Estudos de Obxectos Próximos á Terra (CNEOS, polas súas siglas en inglés), que recompila todos os meteoritos detectados polos sensores da NASA que caeron no planeta dende 1988 ata a actualidade. O mapa actualizouse o 15 de maio, polo que aínda non figura o bólido desta pasada fin de semana.

Neste mapa interactivo, que contabiliza centos de meteoritos ao longo do mundo, non detectou que ningún caera sobre a península ibérica. Con todo, si rexistra tres que caeron sobre o Atlántico que circunda Galicia. Un deles, o de maior enerxía, impactou no océano o 9 de marzo de 2017 ás 4.16 horas. Os outros dous, situados máis ao norte e cunha enerxía considerablemente inferior, caeron o 3 de maio de 2018 ás 7.23 horas e o 26 de abril de 2023 ás 13.14 horas. Os meteoritos que reflicte o mapa clasificánse segundo tamaño e cor. De feito, salienta un gran punto vermello que se corresponde con meteorito especialmente enerxético que caeu sobre Rusia o 15 de febreiro de 2013 ás 3.20 horas.

Publicidade

Segundo explican dende o CNEOS, tan só se teñen en conta “as bólas de lume máis brillantes”, polo que non aparecen moitos bólidos detectados nos últimos anos sobre a península pero que, ou ben non foron detectados polos sensores da NASA, ou ben non cumpriron os requisitos para incorporarse a este mapa interactivo. A principal achega desta ferramenta é que ofrece información sobre a localización xeográfica, a data e a enerxía total do impacto, que aparece indicada no mapa co seu tamaño relativo e unha cor (canto máis vermella, máis potente). Con todo, o propio centro da NASA recalca que os datos non se proporcionan en tempo real, senón que se actualizan periodicamente, e tampouco se recolle información de todas as bólas de lume que se detectan ao redor do planeta.

Meteoritos rexistrados polos sensores do gobermo dos Estados Unidos.

En España, a Rede de Investigación sobre Bólidos e Meteoritos (SPMN, polas súas siglas en inglés), que depende do Instituto de Ciencias do Espazo (ICE-CSIC), encárgase de facer unha recompilación de todos os bólidos ou meteoritos que cruzan o ceo do país. Aínda que non dispoñen dun mapa interactivo como a NASA, si permiten consultar unha listaxe onde figuran todos os fenómenos detectados polas súas cámaras e polos seus colaboradores. De feito, xa figura como última entrada o bólido deste pasado fin de semana, considerando que “transformou o día en noite e deixou estela persistente”.

Publicidade


Podes acceder ao mapa interactivo da NASA clicando nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027