Así se escoita o inquietante son que emiten os buratos negros

A NASA publica un audio no que procesan as ondas acústicas producidas por un dos fenómenos máis destrutivos do universo

Un son que pon a pel de galiña, tan inquietante como misterioso. Un ruído gutural e afastado que xera unha gran curiosidade en quen o escoita. Esa podería ser unha descrición, máis ou menos aproximada, de como soa un burato negro. Así se pode confirmar nun audio publicado pola NASA, capaz de recrear as ondas acústicas que emite e facelas audibles para os humanos. O burato negro co que traballaron está situado no centro de cúmulo de galaxias de Perseo a uns 250 millóns de anos luz de distancia.

Máis polo miúdo, en 2003 os astrónomos detectaron unhas ondas acústicas que se propagaban a través das grandes cantidades de gas que rodeaban o burato negro supermasivo de Perseo. Se estes datos non chegaran a ser procesados, sería imposible escoitar nada no seu ton real. Segundo apuntan dende ScienceAlert, este tipo de ondas inclúen a nota máis baixa do Universo xamais detectada por humanos, moi por debaixo do límite que as persoas somos capaces de percibir.

Publicidade

Con todo, este tipo de son non só é unha curiosidade científica. O gas e o plasma que se desprazan entre galaxias é moi denso e quente. Estas ondas de son, que se van propagando, transportan enerxía a través do plasma. Debido a que as temperaturas axudan a regular a formación de estrelas, as ondas de son poderían desenvolver un papel vital na evolución dos cúmulos de galaxias durante longos períodos de tempo. Ademais, é a propia calor a que nos permite detectar estas ondas de sons, que brillan intensamente nos raios X.

2 COMENTÁRIOS

  1. Hai gas e plasma, din. Non é tan vacio, e é denso dabondo para que se propaguen ondas de densidad.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

“A existencia de buratos negros supermasivos non se observara con tanta seguridade”

Achada unha nova fonte de ondas gravitacionais clave para entender a orixe do universo

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo

Descobren a parella de buratos negros supermasivos máis próxima á Terra

Está localizada na constelación de Acuario, a uns 89 millóns de anos luz do planeta azul, cando o récord anterior estaba en 470 millóns