“A existencia de buratos negros supermasivos non se observara con tanta seguridade”

Achada unha nova fonte de ondas gravitacionais clave para entender a orixe do universo

Despois de dúas décadas de observacións, unha colaboración internacional de científicos capturou unha nova fonte de ondas gravitacionais, a máis potente detectada ata agora. É unha “sopa de distorsións do espazo tempo que envolve todo o universo”, unha verdadeira revolución no estudo das orixes do universo, pois permite entender como se formaron as primeiras galaxias e buratos negros. Exactamente, o equipo de científicos descubriu unha distorsión no espazo-tempo orixinada por ondas gravitacionais de baixa frecuencia, producidas probablemente pola fusión de parellas de buratos negros supermasivos.

O investigador do programa de detección de ondas gravitacionais do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Thomas Dent, explica que “hai teorías sobre a existencia deste tipo de parellas de buratos negros supermasivos, pero ata agora non se observaran con esta seguridade”. O fenómeno coñécese como fondo estocástico, e trátase dunha radiación débil pero omnipresente que enche todo o espazo. O achado foi publicado na revista The Astrophysics Journal Letters, e segundo explican os expertos, podería entenderse como un “eco” do universo primixenio.

Publicidade

Os científicos analizaron 15 anos de datos astronómicos obtidos por telescopios de radio e observatorios de Estados Unidos. O seu estudo creou unha rede de púlsares, estrelas de neutróns que xiran a gran velocidade e que emiten pulsacións a un ritmo preciso. Os expertos descubriron variacións na tasa de pulsación das estrelas, o que ten que ver coa distorsión co fondo estático.

“Os púlsares son estrelas de neutróns da Vía Láctea que se repiten cunha frecuencia moi, moi exacta”, explica Dent. “Pero no caso de que haxa ondas gravitacionais arredor da Terra, estes pulsos retrasaríanse ou adiantaríanse lixeiramente debido á influencia destas ondas. Dado que estes efectos serían moi pequenos, canto máis tempo se estean observando os púlsares, máis oportunidades hai de ver un sinal claro”.

Publicidade

Ondas gravitacionais

As ondas gravitacionais foron un anuncio predito pola teoría da relatividade de Einsten, ondulacións no tecido do espazo-tempo producidas pola aceleración de obxectos violentos do Universo. Os púlsares son restos ultradensos do núcleo dunha estrela masiva que explotou nunha supernova. Estas estrelas xiran rapidamente e lanzan ondas de radio que se perciben como pulsos. Son moi estables e permiten aos astrónomos establecer medicións.

Desta maneira, NANOGrav recolectou datos de 68 púlsares, creando o Pulsar Timing Array (IPTA). O Observatorio de Arecibo en Puerto Rico, o Telescopio de Green Bank en Virxinia Occidental e o Very Large Array en Nuevo México son os grandes protagonistas desta historia.

Na opinión de Thomas Dent, “de agora en diante habería que comprobar se os distintos conxuntos de datos son coherentes entre si, e a súa combinación permite eliminar as dúbidas que quedan sobre a detección destes sinais”. Nisto traballará a rede International Pulsar Timing Array (IPTA), na que participan as colaboracións que anunciaron este achado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE lidera a primeira medición completa do retroceso dun buraco negro

Unha década despois da detección da primeira onda gravitacional, o estudo dá un novo paso para entender un dos eventos máis extremos que se producen no Universo

Descuberta unha nova área para estudar a asimetría entre materia e antimateria no universo

O traballo, publicado en ‘Nature’, está asinado pola colaboración LHCb do CERN, na que traballan preto de 40 membros do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A revolución inminente na escoita do cosmos para achegarse ao Big Bang desde Galicia

O proxecto LISA multiplicará a capacidade de investigadores como os do IGFAE que escudriñan os sinais do cosmos para entendelo