Unha fronte impulsa calixe cara a España: chegará a Galicia?

A circulación de vento do sur impulsa unha masa de po africano en suspensión que afectará este martes ao oeste da península ibérica

Unha fronte situada no suroeste da península ibérica está a intensificar a circulación de vento do sur, tamén impulsado polas altas presións que dominan o continente europeo. Estes dous fenómenos favorecen a circulación de calixe —é dicir, dunha masa de aire con po africano en suspensión— que chega este martes a Galicia. Así o trasladan fontes de Meteogalicia, que confirman que o eixe atlántico é o máis afectado. De todas formas, este episodio de po sahariano será breve e remitirá mañá. Ademais, os modelos non prevén unha alta concentración de partículas. Dende logo, segundo informan dende o servizo meteorolóxico galego, nada comparable á calixe rexistrada en marzo de 2022.

“Non será tan intenso como o episodio que vivimos o ano pasado”, confirman fontes de Meteogalicia. Tamén informan de que este mércores cambia a situación, chega un anticiclón e a circulación do vento cambia, con predominancia do nordés. Dende o departamento de Calidade do Aire aseguran que o episodio actual non é “nada comparable” ao de marzo de 2022. “Aquel foi terrible, con medias diarias de máis de 500 microgramos por metro cúbido. De feito, pensabamos que se nos estragaran os analizadores”, lembra Nuria Gallego, investigadora deste departamento. Para este episodio é preciso esperar ao final do día para saber como queda a media diaria. De momento, o valor máis algo é de 91 microgramos por metro cúbico, pero é un dato horario e, por tanto, puntual.

Publicidade

O episodio actual non é “nada comparable” ao de marzo de 2022

Unha das mellores probas para certificar a chegada deste po africano son os rexistros das estacións meteorolóxicas. Hai sete en Galicia que están dando mala calidade do aire, cunha especial afectación no eixe atlántico, aínda que tamén están a notificar valores elevados de partículas en Ourense e Lugo. “Cando vemos en varias estacións afastadas e ao mesmo tempo este patrón, a causa principal é de po sahariano. Ademais, temos unha predición que nos indica que debemos estar atentos a iso”, apunta Gallego. De todas formas, entenden que esta mala calidade do aire “é algo puntual” que non debería continuar mañá. Ademais, hai outras circunstancias que están empeorando a calidade do aire. Segundo traslada Gallego, levamos moitos días de anticiclón, con moito frío e acendidos da calefacción, así como queimas e tráfico. “Eses valores altos con un pouco por acumulación”, engade.

Cal é a repercusión na saúde?

A calixe pode ter repercusións sobre a saúde, segundo confirman dende a Consellería de Medio Ambiente. Para iso, guíanse por un código de cores que se pode consultar no apartado de Calidade do Aire de Meteogalicia e que vén establecido por uns sudos elaborados pola Organiación Mundial da Saúde (OMS), que se poden aplicar á Unión Europea, España e Galicia. A cor vermella, rexistrada en sete estacións galegas, xa marca unha mala calidade do aire. “Os grupos de risco poden experimentar efectos na saúde e deberían evitar actividades activas e prolongadas ao aire libre. A poboación en xeral pode seguir as mesmas recomendacións, pero se non ten un problema de saúde previo, non debería de haber problema”, di Gallego. Que conclúe da mesma maneira e apelando ao sentido común: “Sé prudente”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta