Cinco datos curiosos sobre o amor dos animais mariños

Por moi grande e difícil que sexa, as criaturas do océano tamén atopan o amor e teñen citas románticas

Este martes 14 de febreiro, día de San Valentín, é a data do ano reservada para os máis románticos e románticas. Sen dúbida, e aínda que poida sorprender, quen ten moito que dicir na materia son os animais mariños. Grandes expertos das declaracións amorosas, con grandes corazóns —incluso varios—, son capaces de nadar miles de quilómetros para visitar a súa parella. Por mor do 14 de febreiro a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) dos Estados Unidos publicou unha lista dos animais acuáticos máis adorables que conseguen atopar o amor no océano azul.

O corazón máis grande

Unha balea azul (Balaenoptera musculus) fotografada durante un estudo de mamíferos mariños na conca do océano Pacífico oriental. Crédito: NOAA Fisheries/Southwest Fisheries Science Center/James W. Gilpatrick, Jr. e Morgan S. Lynn

O corazón máis grande do planeta é o da balea azul (Balaenoptera musculus). Pesa máis de 450 quilos, o que quere dicir que é tan grande como unha vaca.

Publicidade

Tres corazóns

Polbo de augas profundas fotografado no canón de Hudson, Nueva York. Crédito: Oficina de Exploración e Investigación Oceánica da NOAA

O único animal que pode competir coa balea falando de corazóns é o polbo, xa que ten nada máis e nada menos que tres. Dous deles bombean sangue ás branquias, recollendo oxíxeno para que o polbo poida respirar, mentres que o terceiro corazón circula a sangue oxixenada polo resto do corpo.

Amor a distancia

Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) nadando na superficie do océano. Crédito: NOAA

Quen mellor coñece as relacións a distancia é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), a especie que realiza as migracións máis longas entre as áreas de cría e alimentación cun promedio de 6.000 quilómetros en cada sentido.

Publicidade

Xuntos mellor

Os peixes sapo de augas profundas, que pertencen ao xénero Chaunacops, teñen un pequeno gancho entre os seus ollos que moven para atraer presas. Crédito: Oficina de Exploración e Investigación Oceánica da NOAA, Windows to the Deep 2018

Os peixes sapo de augas profundas buscan durante toda a súa vida unha femia á que aferrarse fisicamente, e unha vez aque a atopan, mórdena e fusionan o seu corpor co dela. Posteriormente, o macho proporciona esperma á femia para fertilizar os seus óvulos e a femia proporciónalle nutrientes. Sen dúbida, unha relación é cousa de dous.

Balada romántica

A música sempre foi un medio para declarar o amor ao teu crush. As baleas xibardo (Megaptera novaeangliae) “cantan” cancións complexas para atraer a un posíbel compañeiro. All you need is love, Love is in the air ou o cántico dunha balea xibardo son sons que lle podes pasar este San Valentín á túa parella en sinal de amor. Sen dúbida, hai sentimentos que non se poden expresar con palabras.

Unha balea xibardo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban

Amor pola túa mascota, parella ou familia? Así é como os afectos estimulan o cerebro

Un equipo de Finlandia comproba que a vinculación paternal e romántica impulsa intensamente o sistema de recompensa
00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira
00:02:11

Avistada unha balea xibarte adulta preto de Malpica

O exemplar ten un tamaño aproximado de 12-15 metros. En Galicia esta especie avístase aproximadamente unha vez ao ano