Avistada unha balea xibarte adulta preto de Malpica

O exemplar ten un tamaño aproximado de 12-15 metros. En Galicia esta especie avístase aproximadamente unha vez ao ano

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) confirmou a especie avistada a unha milla da costa de Malpica. Trátase dun exemplar de xibarte dun tamaño aproximado de 12-15 metros. É común observar a esta especie aproximadamente unha vez ao ano.

Os expertos da organización afirman que pola descrición de Alberto Vilas Areosa, que foi quen gravou o vídeo, pode tratarse dunha adulta, o que si que é menos habitual. “Adoitamos ver especies xuvenís duns 10 metros de lonxitude”, afirman.

Publicidade

No vídeo obsérvase como a xibarte nada placidamente. Días anteriores a este avistamento os traballadores do Cemma confirmaron ter visto outra preto da costa de Ferrol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua