Un Fin de Ano pasado por auga? Esta é a predición para Galicia

Unha fronte deixará precipitacións xeneralizadas na noite do 30 ao 31. O resto de días agárdanse xornadas secas con algunha chuvia ocasional

A piques de rematar o ano máis cálido dende que existen rexistros, as miradas están postas no tempo para Noitevella. Os últimos días de decembro en Galicia atópanse nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Agárdase chuvia en Noitevella, con todo, MeteoGalicia apunta que serán xornadas “tranquilas” dende o punto de vista meteorolóxico, con precipitacións débiles e ocasionais. O 31 pode haber precipitacións pola madrugada de tipo intermitente pero, en xeral, Galicia poderá desfrutar dun tempo seco durante toda a fin de semana.

O sábado 30 Galicia quedará baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda. Os ceos estarán máis cubertos no sur e no oeste, mais poderán abrirse grandes claros en Lugo. A noite do 30 ao 31, unha fronte atravesará Galicia que deixará chuvias persistentes e xeneralizadas en toda a comunidade. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, especilamente no litoral da Coruña. As temperaturas serán estables: as máximas situaranse por enriba dos 12 graos en todas as provincias.

Publicidade

Despois dunha noite de chuvia, o día 31 agárdanse ceos nubosos e con posibilidade de precipitacións de tipo intermitente, máis probables no norte da comunidade. “Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no extremo norte”, apuntan dende MeteoGalicia. Da mesma maneira, a noite agárdase “tranquila”. Xa na xornada de Aninovo, Galicia estará baixo a influencia doutra borrasca que poderá deixar chuvias no extremo norte.

Segundo apunta eltiempo.es, Galicia será a comunidade onde máis chova durante esta festividade, puidendo superar os 60mm. No resto da península, as frontes poderían deixar precipitacións pero de carácter débil. De cara ao martes e mércores, é probable que entre unha fronte máis activa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica