Os Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada de portas abertas o Martes de Entroido

Para visitar o Aquarium Finisterrae haberá que reservar entrada, e poderá facerse a partir do venres 17 de febreiro ás 10,00 horas

Os Museos Científicos Coruñeses abren as súas portas para todo aquel que desexe visitar as súas instalacións o próximo 21 de febreiro, Martes de Entroido. Este día, festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae será gratuíta. Para visitar este último museo será preciso realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse a partir do venres 17 de febreiro ás 10,00 horas. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reservar e poderán vir acompañadas doutra persoa se así o precisan.

No que respecta á Domus e a Casa das Ciencias a entrada será libre e poderase acceder sen reserva previa, sempre e cando a capacidade dos museos non estea completa. Iso si, as persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de casa sesión na recepción do museo, entregando un máximo de dúas invitacións por persoa. Ademais, haberá catro sesións:

Publicidade

  • La noche es necesaria, 11,30 horas. Maiores de 10 anos.
  • O ceo de Cloe, 13,00 horas. De 4 a 6 anos.
  • Polaris, 17,00 horas. Maiores de 7 anos.
  • Lévame á Lúa, 18,00 horas. Maiores de 10 anos.

Finalmente, dende os Museos Científicos Coruñeses recordan que a apertura das súas instalacións será en horario de 10,00 a 19,00 horas. O último acceso ao Aquarium Finisterrae será ás 18,00 horas e á Casa das Ciencias e a Domus ás 18,30 horas.


Podes reservar as entradas para o Aquarium Finisterrae premendo nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades
00:00:45

O Aquarium Finisterrae incorpora dous tiburóns á sala Nautilus

Os exemplares foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie no que colabora o acuario coruñés