Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

O 24 de febreiro de 2006 chegou ao Aquarium Finisterrae un exemplar de tiburón touro (Carcharias taurus) procedente do acuario de Brest, na Bretaña francesa. Esta quenlla, ao que se lle puxo o nome de Gastón no acuario coruñés, vive no tanque da sala Nautilus desde entón, xunto a outras especies de quenllas e grandes peixes atlánticos, e converteuse en toda unha estrela para o público de todas as idades.

Gastón naceu nas frías augas da costa surafricana e cando foi capturado tiña uns 3 anos de idade, medía 180 centímetros de lonxitude e pesaba 50 quilogramos. Así chegou ao Oceanópolis, o acuario de Brest, onde viviu varios anos en compañía doutros exemplares da súa mesma especie, ata que a convivencia se volveu moi difícil, xa que se pelexaban frecuentemente e chegaron mesmo a causarse feridas e cortes na pel. Foi entón cando o seu persoal coidador decidiu que había que trasladalo, e chegou entón á Coruña.

Publicidade

Tras chegar ao Aquarium Finisterrae —medía entón 2,5 metros de lonxitude e pesaba 120 quilos— permaneceu en corentena durante varias semanas e adaptouse á temperatura das augas atlánticas, pois viña dun tanque tropical. Mantívose nun ambiente de tranquilidade, sen ruídos e con pouco movemento arredor.

Tras un tempo, Gastón comezou a comer con normalidade adaptándose con éxito ao novo hábitat. Gañou 20 quilos de peso, sinal de que o proceso de adaptación transcorrera con éxito, polo que se puido incorporar ao tanque da sala Nautilus, onde continúa tras 20 anos.

Publicidade

“Gastón é un dos principais reclamos do noso Aquarium e non hai mozo ou moza da Coruña que non o coñeza”, indicou a alcaldesa, Inés Rey, quen destacou o labor que se leva realizando no acuario coruñés desde a súa fundación para difundir o coñecemento científico do medio mariño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

⁠⁠A Coruña, entre os puntos de repartición das lentes gratuítas do Goberno para a eclipse total

O Ministerio de Ciencia e o Grupo Social ONCE distribuirán dous millóns de dispositivos visuais certificados para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades
00:00:45

O Aquarium Finisterrae incorpora dous tiburóns á sala Nautilus

Os exemplares foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie no que colabora o acuario coruñés