Así será a traxectoria do po sahariano: chegará a Galicia?

A nube procedente do norte de África afectará sobre todo ao sur e leste da comunidade con concentracións baixas de partículas en suspensión

A calixe procedente do Sáhara en forma de po en suspensión poderá chegar a Galicia este martes 24 de febreiro. Isto é o que amosa o mapa compartido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no seu perfil de X con datos do modelo Copernicus, un suceso confirmado tamén por MeteoGalicia. Esta masa de po e area moi fina xa afecta ás Illas Canarias e trasladarase cara á península a través do vento durante a madrugada do martes, como informan dende ElTiempo.es.

Os técnicos do servizo meteorolóxico galego indican que a nube sahariana comezará no suroeste peninsular, con especial incidencia sobre Andalucía, Extremadura e o sur de Portugal. En Galicia entrará polo sur da comunidade e afectará ás zonas do centro e leste, principalmente á provincia de Ourense e o sur de Lugo. Esta tendencia pódese ver no mapa da AEMET, onde Pontevedra e A Coruña apenas recibirán as consecuencias da calixe. A partir do mércores, o po sahariano estenderase o po cara ao centro da península.

Publicidade

Con todo, a concentración de partículas en suspensión será reducida e oscilará entre as 0,1 e 0,2 micras. Estas cifras implican un ceo non moi alaranxado, polo que os efectos notaríanse moi pouco na comunidade. Cando chega con forza, a calixe pode reducir a visibilidade e deixar un ton amarelo e vermello no ceo, cunha pegada en superficies como as carrocerías dos coches.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla