⁠⁠A Coruña, entre os puntos de repartición das lentes gratuítas do Goberno para a eclipse total

O Ministerio de Ciencia e o Grupo Social ONCE distribuirán dous millóns de dispositivos visuais certificados para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) e o Grupo Social ONCE repartirán de forma gratuíta dous millóns de lentes seguras para ver a eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto. En concreto, o Grupo Social ONCE distribuirá 1.700.000 exemplares e o MICIU, a través da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), as 300.000 lentes restantes. A repartición de lentes certificadas coa norma ISO12312-2 ten o obxectivo de previr os riscos oculares asociados á observación do Trio de Eclipses.

En Galicia, os dous centros de ciencia que participan na campaña están situados na Coruña, cidade por onde pasa a banda de totalidade: o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e os Museos Científicos Coruñeses —Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae—. Con todo, tamén poderanse adquirir nun establecemento especializado por prezos que rozan os 2,50 e 3 euros. Concretamente, as lentes entregaranse xunto coa entrada gratuíta ao museo, polo que será imprescindible realizar a visita para poder recollelas. Ademais, entregarase unha única lente por visitante maior de 16 anos e a distribución realizarase ata agotar existencias.

Publicidade

Divulgación científica

A FECYT, alén de distribuír lentes aos visitantes entre centros de investigación, museos de ciencia e outras entidades públicas do mesmo ámbito, realizará actuacións de divulgación científica da eclipse para todos os públicos e difundirá materiais didácticos accesibles que permitan á cidadanía comprender o fenómeno de forma segura, a través da páxina web dedicada ás eclipses. Pola súa banda, o Grupo Social ONCE tamén adaptará materiais divulgativos para garantir a inclusión e o desenvolvemento cultural de persoas con discapacidade visual, en particular, e con outras discapacidades. Ademais, participará na creación e difusión de guías e directrices de observación segura, que garantan a saúde ocular durante o visionado das eclipses e a realizar campañas publicitarias alertando sobre os riscos dunha observación da eclipse sen contar cos elementos de protección visual requiridos.

Observar con seguridade

Débense levar lentes de eclipse que non caducasen e, antes de usalas, hai que comprobar —a contraluz— se están raiadas, rotas, perforadas ou deterioradas. No caso de estalo, non se poderán empregar. Ademais, hai que pór as lentes antes de mirar o Sol, mirar brevemente uns segundos —arredor de 30— e baixar a mirada; repetirase a observación da eclipse sempre con pausas. Finalmente, hai que quitalas só despois de apartar a vista do Sol. Súmase un factor máis: o uso de prismáticos, telescopios e cámaras. Para usalas, débese mirar a través dun filtro solar profesional colocado na parte frontal —no obxectivo— do aparello.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

⁠Algas e microalgas: o tesouro biotecnolóxico que agocha o mar galego

O centro tecnolóxico ANFACO presenta en BioSpain o seu aproveitamento da biomasa mariña para crear novos ingredientes

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta